[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Batalla de Pichincha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Pichincha
Parte de guerra ecuatoriana de independencia
Data 24 de maio de 1822
Lugar volcán Pichincha, preto de Quito
Resultado Vitoria das forzas rebeldes
Belixerantes
Gran Colombia
Provincia Libre de Guayaquil
República do Perú
Provincias Unidas do Río da Prata
Imperio español
Líderes
Antonio José de Sucre

Andrés de Santa Cruz

Melchor Aymerich
Forzas en combate
2 000 - 3 500 patriotas 2 000 - 3 500 realistas
Baixas
200 mortos e 140 feridos 400 mortos, 190 feridos e 1260 prisioneiros

A Batalla de Pichincha ocorreu o 24 de maio de 1822, nas ladeiras do volcán Pichincha, a máis de 3 000 metros sobre o nivel do mar, xusto enriba da cidade de Quito, no Ecuador actual.

O encontro, que ocorreu no contexto das guerras de independencia de Suramérica, enfrontou ao exército independentista baixo o mando do xeneral Antonio José de Sucre e ao exército realista comandado polo mariscal de campo Melchor Aymerich. A derrota das forzas realistas leais a España conduciu á liberación de Quito e asegurou a independencia das provincias que pertencían á Real Audiencia de Quito, tamén coñecida como a Presidencia de Quito, a xurisdición administrativa colonial española da que eventualmente emerxeu a República do Ecuador.