Bonnie Raitt
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1949 (75 anos) Burbank, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Radcliffe College Universidade Harvard Oakwood Friends School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantante, produtora musical, pianista, guitarrista, cantautora, compositora, actriz de cinema |
Período de actividade | 1971 - |
Xénero artístico | Blues, Americana (pt) e folk rock |
Instrumento | Guitarra, piano e voz |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Capitol Records Warner Records |
Familia | |
Cónxuxe | Michael O'Keefe (1991–1999) |
Pai | John Raitt |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | bonnieraitt.com |
|
Bonnie Lynn Raitt (|reɪt|[1]), nada en Burbank (California) o 8 de novembro de 1949, é unha cantante de blues, guitarrista, compositora e activista estadounidense.
Durante a década de 1970, Raitt publicou unha serie de álbums que incorporaban elementos de blues, rock, folk e country. Tamén tocou e colaborou habitualmente con outros artistas, como Warren Zevon, Little Feat, Jackson Browne, The Pointer Sisters, John Prine e Leon Russell. En 1989, tras varios anos de boas críticas mais pouco éxito comercial, triunfou co álbum Nick of Time. Os seus seguintes dous discos, Luck of the Draw (1991) e Longing in Their Hearts (1994), tiveron vendas millonarias, xerando varios sinxelos, incluídos "Something to Talk About", "Love Sneakin' Up On You" e a balada "I Can't Make You Love Me" (con Bruce Hornsby no piano).
Raitt recibiu dez premios Grammy. Foi situada no posto 50 na listaxe de Rolling Stone dos "100 Grandes Cantantes da Historia"[2] e no número 69 da listaxe dos "100 Grandes Guitarristas da Historia".[3] O artista australiano de música country Graeme Connors dixo "Bonnie Raitt hace algo cunha letra que ninguén máis pode facer; dóbraa e retórcea directa ao teu corazón".[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1971: Bonnie Raitt
- 1972: Give It Up
- 1973: Takin' My Time
- 1974: Streetlights
- 1975: Home Plate
- 1977: Sweet Forgiveness
- 1979: The Glow
- 1982: Green Light
- 1986: Nine Lives
- 1989: Nick of Time
- 1991: Luck of the Draw
- 1994: Longing in Their Hearts
- 1998: Fundamental
- 2002: Silver Lining
- 2005: Souls Alike
- 2012: Slipstream
- 2016: Dig in Deep
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Say How: R". National Library Service for the Blind and Print Disabled. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "100 Greatest Singers". Rolling Stone. 23 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2017. Consultado o 2017-09-02.
- ↑ "100 Greatest Guitarists". Rolling Stone. 23 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 2012-09-01.
- ↑ Coleman, Chris (18 de xaneiro de 2008). "Summer Conversations January 2008". ABC New South Wales. (Australian Broadcasting Corporation). Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2008. Consultado o 2011-04-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonnie Raitt |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bego, Mark (1995). Bonnie Raitt: Just in the Nick of Time. Rowman & Littlefield. ISBN 978-1-5597-2315-2.
- Schmidt, Eric Von; Rooney, Jim (1979). Baby, Let Me Follow You Down: The Illustrated Story of the Cambridge Folk Years (2nd ed.). University of Massachusetts Press. ISBN 0-87023-925-2.