BBC Radio 2
BBC Radio 2, é un servizo de radio da BBC. De contidos xerais, é a emisora con máis oíntes do Reino Unido. A súa audiencia estimada é de 12.6 millóns de oíntes cada semana.[1] Os programas da estación son transmitidos por unha rede de transmisoras FM de máis de 250 kW, sendo esta o sinal máis potente de Europa.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]As emisións comezaron as 5:30[3] o día 30 de setembro de 1967. Este primeiro programa comezou co Light programme e continuou co Breakfast Special de Paul Hillingdale.
Os primeiros anos, a principal programación e música foi común coa BBC Radio 1, e ambas compartían frecuencia. A Radio 1 foi creada para combater as emisoras piratas, mentres que a Radio 2, emitía pop-rock, country, jazz e bandas de música. BBC Radio 2 foi a primeira emisora en emitir 24 no Reino Unido a partir de 1979.
A emisora hoxe
[editar | editar a fonte]BBC Radio 2 ten oíntes desde 25 anos principalmente, aínda que os anos recentes atraeu a oíntes máis novos. A súa emisión inclúe música desde os anos 1960 ata os éxitos máis recentes. No 2009 gañou o Music Week Award for the National Radio of the Year (O Premio Nacional de Radio á Emisora de Radio do Ano), que gañou xa en varios anos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/tv_and_radio/3110667.stm There was good news for BBC Radio 2 in the Radio Joint Audience Research Limited (Rajar), which showed it attracted a "record" share of the listening public over the three-month period.
- ↑ "BBC (FM) radio transmitters in England". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ radiorewind.co.uk - Radio 2
- ↑ http://www.musicweek.com/story.asp sectioncode=1&storycode=1037465