[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

BARTOC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo de BARTOC

BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento. A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso. De maneira complementaria xestiona tamén unha lista doutros rexistros terminolóxicos.[1]

A creación de BARTOC veu motivada pola necesidade de crear unha bibliografía e tamén para o ensino relacionado coa alfabetización informacional [2] Dende a súa posta en marcha en novembro de 2013, BARTOC vén recollendo información de máis de 2 900 terminoloxías.[3]Un estudo comparativo das tipoloxías e rexistros de terminoloxías confirmou que BARTOC contiña "un volume de metadatos relativamente suficiente".[4]

A interface de busca de BARTOC está dispoñible en vinte linguas europeas e proporciona varias opcións de busca. BARTOC reúne ao seu redor un grupo de editores de toda Europa.[5] BARTOC foi aprobado pola International Society for Knowledge Organization e coordina o seu desenvolvemento técnico co proxecto coli-conc.[6][2] O sitio web de BARTOC website e a base de datos están baseadas en Drupal. Os seus contidos son accesibles baixo dominio público grazas á licenza de (PDDL).

  1. "Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications: Registries search". bartoc.org (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Ledl, Andreas Ledl; Jakob, Voß (Maio de 2016). Describing Knowledge Organization Systems in BARTOC and JSKOS. Proceedings of TKE 2016 (en inglés). Copenhagen. 
  3. Datos ata xullo de 2019
  4. Bratková, Eva; Helena (2014). "Knowledge Organization Systems and Their Typology". Revue of Librarianship (en inglés) 25 (2): 1–25. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  5. "Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications". bartoc.org (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  6. "coli-conc: Infrastructure to facilitate management and exchange of concordances between library knowledge organization systems". coli-conc.gbv.de (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2020. 
[editar | editar a fonte]