Aurelio Rey Alar
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1904 Baiona, España |
Morte | 8 de agosto de 1993 (89 anos) Baiona, España |
Alcalde de Baiona | |
1949 – 1951 ← Evaristo Casal del Rey González – José Pereira Troncoso → | |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, político |
Aurelio Rey Alar, nado en Baiona o 11 de maio de 1904 finado no mesmo concello o 8 de agosto de 1993, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a infancia en Sabarís, foi alumno da Escola Pro-Val de Mañufe e despois trasladouse coa súa familia a Vigo. Regresou a Baiona e, cara 1926, instalouse como fotógrafo nun local da rúa de Elduayen. Despois abriu unha ferretería na rúa Alférez Barreiro onde continuou coa fotografía, editando postais panorámicas da vila. Foi alcalde de Baiona de 1949 a 1951 e posteriormente concelleiro. Continuou coa ferretería, ata a súa xubilación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rey Lama, Luis Alberto (2022). "VIII Las fotografías de Rey Alar" pp. 337-450. Encuentros (en castelán).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Baiona, en el objetivo de Aurelio Rey Alar" (8/5/2011). Faro de Vigo.
Predecesor: Evaristo Casal del Rey González |
Alcalde de Baiona 1949 - 1951 |
Sucesor: José Pereira Troncoso |