[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Atropates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAtropates
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Mortep. século IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Sátrapa
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernador Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalha de Gaugamela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.663)
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Atropates, nado sobre -370 e finado despois do -321, foi unnobre persa, sátrapa de Media, que tivo un papel importante na restauración do zoroastrismo trala invasión e persecucións de Alexandre Magno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Contexto histórico

[editar | editar a fonte]

Nada se coñece dos inicios de Atropates (Âtarepâta en persa), pero é seguro que os seus pais eran zoroastrianos. Isto dedúcese polo seu nome, cuxo significado é “gardián do lume”, e é o mesmo nome dun dos fillos do lendario profeta Zaratustra. A familia de Atropates debía ser rica e influente porque o seu fillo era sátrapa de Media.

Atropates foi un dos xenerais persas na Batalla de Gaugamela. Como sátrapa de Media, comandaba un dos continxentes máis importantes do exército de Darío III. A batalla, que foi librada o 1 de outubro do -331, acabou con vitoria macedonia. O imperio aqueménida foi xa incapaz de se recuperar, quedando en mans do rei Alexandre Magno.

Durante ese inverno, Atropates ofreceu hospitalidade ao rei na capital da súa satrapía, Ecbatana. Darío tratou de recrutar un novo exército, pero este non estaba aínda listo cando Alexandre, que xa saqueara Persépole, se achegaba ao rei en xuño do -330. O rei fuxiu ao leste e posteriormente foi asasinado por Besos.

Home de confianza de Alexandre

[editar | editar a fonte]

Atropates rendeuse ao invasor e foi renomeado sátrapa. Alexandre quería gañarse á poboación nativa con este tipo de accións. Outros persas como Mazaeo e Artabazo II recibiron tamén cargos importantes no novo imperio.

Ecbatana era a ponte entre Mesopotamia e o Mediterráneo e as satrapías do leste, ou sexa que Alexandre necesitaba un home de confianza en Media se quería facer campaña no leste. Atropates foi leal e persoa de fiar. Cando o xeneral de Alexandre Parmenio foi asasinado en Ecbatana, Atropates foi quen de manter a orde na rexión. E no -324, arrestou a un home chamado Bariaxes, quen reivindicara ser rei dos medos e os persas, enviándoo a Alexandre cando visitou a capital relixiosa de Persia, Pasargada.

Atropates viaxou con Alexandre a Susa, onde a súa filla casou cun dos xenerais de Alexandre máis importantes, Pérdicas. No outono e inverno do -324 ao -323, conseguiu entreter a Alexandre en Ecbatana, e ofreceu ao rei un salientábel agasallo en forma de cen mulleres guerreiras. Probabelmente Alexandre necesitaba un pouco de diversión e entretemento, xa que o seu mellor amigo Hefestión, morrera pouco antes da súa chegada á capital de Media.

Medio ano despois, Alexandre falecía e os comandantes macedonios repartíanse as satrapías no convenio de Triparadiso, no -321. Media foi dividida. A parte sur, que controlaba o camiño do oeste ao leste, foi dada a Peitón, pero a parte norte, que estaba máis lonxe e carecía de importancia para os macedonios que loitaban pola herdanza de Alexandre, permaneceu como parte do reino independente de Atropates. Isto é o último que sabemos de Atropates de fontes gregas. Está practicamente ausente por completo nas historias das guerras dos Diádocos.

O período post-Alexandre

[editar | editar a fonte]

Pero a tradición zoroastriana cóntanos a continuación da historia. Durante o reinado de Alexandre, os seguidores desta relixión foron perseguidos. Algúns deles eran persoas leais a Alexandre, como por exemplo o mesmo Atropates, pero outros ofreceron resistencia.

Segundo unha fonte zoroastriana do século III ou século IV , Alexandre queimou moitos textos sagrados da Avesta e comentarios, asasinou a xuíces, sacerdotes, magos e xente sabia de Persia seguidores desta relixión. Non está totalmente claro que tipo de textos foron queimados porque hoxe sabemos que o Avesta foi composto máis tarde. Unha hipótese razoábel para todo isto é que os asasinatos resultaron nunha perda de moitas das tradicións orais zoroastrianas e duns poucos textos.

Despois de que o imperio fose dividido entre os líderes macedonios, Atropates quedou como un dos líderes nativos. Parece que ofreceu un refuxio seguro aos zoroastrianos. Segundo a mesma fonte comentada no parágrafo anterior, Atropates foi visto como unha especie de poderoso protector da súa xente, algo que tamén se suxire polo feito de que o seu nome se mantería vivo no nome da súa satrapía, a cal foi coñecida durante séculos como Media Atropatena. Mesmo hoxe en día, o seu nome perdura no nome Âzarbayjân, dúas provincias ao norte da moderna Irán, Acerbaixán Oriental e Acerbaixán Occidental (non confundir co país do mesmo nome Acerbaixán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]