Atol Nukutepipi
Nukutepipi | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | Nukutepipi |
Linguas | |
Poboación (2002) | 5 hab. |
Superficie | 0´6 km² |
Superficie lagoa | 1´3 km² |
Nº de illas | 5 |
Coordenadas | 20°41′S 143°04′O / -20.683, -143.067 |
Maior Altura | |
Localización | |
Nukutepipi é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa, o máis meridional do grupo das Illas do Duque de Gloucester. Esta deshabitado e depende de Hereheretue, comuna asociada á comuna de Hao. Está situado a 30 km ao sueste de Anuanurunga e a 700 km ao sueste de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un atol pequeno situado nunha zona remota e historicamente deshabitado. Ten unha superficie total de 5´6 km² incluídos os illotes emerxidos, os arrecifes e a lagoa de 2´2 km². O atol ten forma de media lúa, de 3,5 km de longo e 2 km de ancho. Consta de dous illotes, un de 2.745 m ao norte, e o outro de 673 m ao noroeste, separados por unha canle de 150 m de ancho e 1 m de profundidade. A coroa do sur son arrecifes mergullados por onde a auga do océano entra na lagoa cando hai temporal do sur ou do leste. A lagoa consiste nunha ampla plataforma de ata 2 m de profundidade que ocupa a metade da superficie e rodea unha parte máis profunda de ata 17 m. O fondo é de area.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto polo inglés Philip Carteret, o 12 de xullo de 1767, que o chamou Gloucester Island, nome que se mantivo para todo o grupo. En 1803, John Turnbull do Margaret chamouno Margaret's Island. En 1841 foi explorado por Ringgold da expedición norteamericana de Charles Wilkes, e anotou o nome polinesio.
No ano 1910 o atol concedeuse á Société Commerciale da Océanie para replantar cocos. Tras a quebra da sociedade pasou por diferentes mans privadas.
En 1982, o comerciante de perlas Jean-Pierre Fourcade construíu un aeródromo. Ao ano seguinte houbo dous furacáns seguidos, en febreiro e abril, que destruíron a vexetación e todas as instalacións. En 1985 plantouse de novo parcialmente con cocos. Desde 1991 é propiedade dunha compañía xaponesa.