Athenea del Castillo
Athenea del Castillo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Athenea del Castillo Beivide | ||
Nacemento | 24 de outubro de 2000 | ||
Lugar de nacemento | Solares | ||
Altura | 1,60 m. | ||
Posición | Dianteira | ||
Información de club | |||
Club actual | Real Madrid | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
2011–2013 | Reocín | ||
2013–2017 | Ave Fénix Racing | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2019 | Racing Féminas | 46 | (37) |
2019–2021 | Deportivo da Coruña | 49 | (11) |
2021– | Real Madrid | 59 | (11) |
Selección nacional | |||
2018–2019 | España sub-19 | 13 | (2) |
2019 | España sub-20 | 0 | (0) |
2019 | Cantabria | 1 | (1) |
2020– | España | 25 | (6) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de maio de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Athenea del Castillo Beivide, nada en Solares, Medio Cudeyo, o 24 de outubro de 2000, é unha futbolista española que xoga como dianteira no Real Madrid da Primeira división. Internacional dende 2020 coa selección española, conquistou con esta a Copa do Mundo de 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios en Cantabria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Reocín, na súa Cantabria natal, aos 11 anos, pasando máis tarde ás filas do equipo sucesor deste, o Ave Fénix Racing, que acabou por converterse na sección feminina do Racing de Santander. Permaneceu no club ata o final da tempada 2018/19, militando na Segunda División.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]En agosto de 2019 asinou polo Deportivo da Coruña, equipo que acababa de ascender á Primeira División, tras unha dura disputa entre os dous clubs pola ficha da xogadora.[1][2]
Debutou na máxima categoría o 8 de setembro de 2019, nun partido ante o Espanyol e marcou o seu primeiro gol o 19 de xaneiro de 2020, cunha espectacular xogada na que se internou na área caneando a varias xogadoras do Betis antes de disparar á portería.[3] O equipo acadou esa tempada o cuarto posto na liga. Xogou durante dúas campañas no club galego, disputando 49 partidos e logrando 11 goles.[4]
Real Madrid
[editar | editar a fonte]O 26 de xullo de 2021, tras o descenso do Deportivo, anunciouse a súa fichaxe polo Real Madrid.[5]
Selección española
[editar | editar a fonte]Selección sub-19
[editar | editar a fonte]Internacional coa selección española sub-19, con só 17 anos foi convocada polo seleccionador Jorge Vilda para disputar a Eurocopa sub-19 en Suíza. Marcou un gol no último partido da fase de grupos ante Francia e xogou a final contra Alemaña no Tissot Arena, onde o equipo español se proclamou campión.[6][7]
Xogou tamén a seguinte edición do torneo, un ano despois. Participou en todos os partidos da súa selección, que perdeu nas semifinais ante Francia por 3-1, sendo Athenea a autora do único gol español no partido.[8]
Selección absoluta
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección absoluta en outubro de 2020, nun partido ante a República Checa en La Cartuja, converténdose na primeira xogadora do Deportivo da Coruña en vestir a camiseta da selección española.[9] Once meses despois anotou o seu primeiro gol internacional, facendo o cuarto dos sete goles españois ante Hungría.[10]
En 2022 foi convocada por Vilda para disputar a Eurocopa en Inglaterra e participou en todos os partidos de España no torneo, caendo en semifinais ante a selección anfitrioa.[11] Un ano despois disputou a Copa do Mundo celebrada en Australia e Nova Zelandia. Participou en tres dos partidos da selección española, que acabou gañando o seu primeiro título mundial tras derrotar na final a Inglaterra.[12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mantén unha relación sentimental co futbolista galego Isra Pérez, ao que coñeceu mentres el defendía a camiseta do Fabril e ela a do Deportivo da Coruña Feminino.[13][14]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Selección española
- Copa do Mundo (1): 2023.
- Selección española sub-19
- Eurocopa sub-19 (1): 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El fichaje que enfrenta al Dépor y al Racing de Santander" (en castelán). 8 de agosto de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "El Racing libera a Athenea del Castillo, una historia de mentiras, presiones y denuncias" (en castelán). 5 de setembro de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Golazo a lo Messi de Athenea, del Depor". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ G. Mariñas, Carmen (1 de xullo de 2021). "Athenea deixa o Dépor ABANCA". Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Athenea ficha por el Real Madrid". Sport (en castelán). 26 de xullo de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ G. Gil, Aimara (24 de xullo de 2018). "España ganó a Francia y logró el pase a semis ante Dinamarca". As (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Un gol de Llompart hace historia para España". La Vanguardia (en castelán). 30 de xullo de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "La sub 19 femenina se queda sin triplete europeo en la prórroga ante Francia". Marca (en castelán). 25 de xullo de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Athenea fai historia no Dépor ABANCA ao debutar coa selección española con tan só 19 anos" (en castelán). 24 de outubro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "La selección femenina sigue al alza y le hace un 'siete' a Hungría" (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Inglaterra 2-1 España 2022". UEFA (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Athenea del Castillo asciende al olimpo del fútbol español levantando la Copa del Mundo en Australia". COPE (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "¿Quién es realmente Athenea? Revivimos su explosión con ocho personas de su círculo más cercano" (en castelán). 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ Rodríguez Peleteiro, Marta (20 de agosto de 2023). "Así es la vida personal de las 23 campeonas del mundo". As (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos da xogadora en BDFutbol (en castelán).
- Datos da xogadora en LaPreferente.com (en castelán).