[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Asociación de Gaiteiros Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Gaiteiros Galegos
Tipoasociación cultural
Campo de traballofolclore e música tradicional galega
Área de operaciónGalicia
Data de fundación28 de maio de 1988
Presidente/a
Xoan Manuel Tubío Fernández (2005-) Editar o valor en Wikidata
|Ricardo Portela]] (1988-1989) Editar o valor en Wikidata
Traballos destacadosAturuxo
PaísEspaña
Na rede
http://gaiteirosgalegos.gal
Facebook: AGGtradiciongalega Twitter: AGGtradicion Youtube: UCMr0O9tH1akfk_Lrufmt4kg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) é unha asociación cultural constituída o 28 de maio de 1988 na vila de Melide.[1] A súa finalidade é o estudo, a conservación, o fomento e a divulgación da música tradicional galega.

Busto na memoria de Ricardo Portela.

Na década de 1970 organizáronse na vila de Ortigueira unha serie de reunións, entre gaiteiros e artesáns, co fin de unificar criterios dentro do seu sector profesional. Nestas xuntanzas debatíase desde os prezos a estipular por actuación, en alboradas e romarías, até a estandarización das pezas das gaitas. Movíaos tamén o desexo de que os gaiteiros, moi desprestixiados durante o período franquista, volvesen a ocupar un lugar de importancia na sociedade galega, como tiña sido nos anos vinte e trinta do século XX.[2]

Andando o tempo, estas reunións pasaron a realizarse na vila de Melide. Alí, baixo a presidencia de Ricardo Portela, foron elaborados uns estatutos para a creación dunha organización formal. Dou comezo daquela un traballo de implantación por todo o país que desembocou na constitución da nova asociación o 28 de maio de 1988. A primeira asemblea de socios tivo lugar en Compostela, o 26 de febreiro de 1989. Dela saíu unha directiva presidida por Xosé Vicente Ferreirós, pasando Portela a ocupar a presidencia de honra de xeito vitalicio.[3]

Guerra das gaitas

[editar | editar a fonte]

Ferreirós permaneceu no cargo até o 1993, momento no que foi substituído polo ferrolán Santiago Caneiro.[4] Durante esta década de 1990 a asociación viuse envolta nunha polémica coñecida como "a guerra das gaitas"[5]. O conflito veu motivado pola introdución en Galiza, con financiamento público, dun novo tipo de banda de gaitas de inspiración escocesa. A AGG opúxose a estas modificacións, entendendo que as mudanzas supuñan unha deturpación da tradición galega e mesmo unha ameaza para a súa continuidade. Esta confrontación marcou a actividade da asociación nos anos noventa. Finalmente, debido á redución das subvencións públicas,[6] o fenómeno das bandas de modelo escocés foi esmorecendo[7], pasando o número destas agrupacións de arredor de 150 nos anos 1993-94 a só unhas 20 no 2015.[8]

Durante estes anos de conflito a AGG continuou reforzándose. Aumentou o seu número de asociados e multiplicou a cantidade e calidade das súas actividades: Creou un portal web, comezou unha participación regular en emisións radiofónicas, editou revistas, discos, participou en mostras de instrumentos, xornadas etc. A directiva da organización mudou tamén, para dar cabida a xente procedente do sector baile tradicional.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

Na primeira década do século XXI a asociación puxo a andar dous dos seus proxectos estrela: En novembro de 2008, iniciou a súa actividade en Lugo a Tradescola, unha escola presencial de música e baile tradicional onde se imparten clases semanais, cursos monográficos e outras actividades vencelladas á cultura tradicional;[9] E a Casa da Gaita, o primeiro museo dedicado integramente á gaita de fol. Está situado en Viascón (Cotobade), lugar de nacemento de Ricardo Portela. Nela inclúese unha exposición de instrumentos cedidos por diferentes artesáns da AGG.[10]

No ano 2015 produciuse outra mudanza na presidencia da asociación pasando a ocupala o luthier de Outeiro de Rei, Xaneco Tubío.

Memoria de actividades

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Aturuxo. Voceiro oficial da asociación desde o ano 2005.[17]
  • Actas dos 1º e 2º congreso de ensinantes de música tradicional.
  • O quiquiriqui. Libro CD-DVD editado no 2006. Recolle cantigas e tradicións do nadal.[18]
  • Pelo Gato 24. Libro CD-DVD editado no 2007. Contén xogos tradicionais e cantigas infantís.[19]
  • Trece Luás. Libro CD-DVD editado no 2009. Con cantigas tradicionais correspondentes aos diferentes meses do ano.[20]
  • O berce das palletas. Libro editado no ano 2009. Explica o proceso de construción de palletas e pallóns.[21]
  • Son do fol. Libro CD editado no ano 2012. Método infantil de iniciación á gaita.[22]
  1. "33 anos de traballo en prol da nosa cultura tradicional". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-04-17. 
  2. "Xaneco Tubío: “A música tradicional ten que estar en todas as festas e romarías”". Nós Diario. 2014-03-23. Consultado o 2022-04-28. 
  3. "25 anos da Asociación de Gaiteiros Galegos". Aturuxo (14). 01/2015. 
  4. "Presidente de honra e membro fundador da Asociación de Gaiteiros Galegos". culturagalega.org. 2019-07-16. Consultado o 2022-04-17. 
  5. Asociación de Gaiteiros Galegos (1995). "A guerra das gaitas ... ¿ou as gaitas da guerra?". Do brillante (1). 
  6. "La Asociación de Gaiteiros Galegos apoya a la Diputación en su negativa a ayudar a las escuelas de gaitas". Faro de Vigo (en castelán). 2015-09-15. Consultado o 2021-07-07. 
  7. Ourense (2018-07-30). "Buscando relevo tras el auge y declive de las bandas de gaitas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-07-07. 
  8. A gaita galega III. Naqueles tempos (Youtube) (TVG). 2016. p. 55m.31s. 
  9. "Benvidos a Tradescola". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-04-23. 
  10. "A Casa da Gaita, historia da gaita de fol". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-04-28. 
  11. El Progreso de Lugo (10-10-2021). O Domingo das Mozas enche Lugo de música e xente (Youtube). 
  12. "Os instrumentos tradicionais, protagonistas do Festival de Pardiñas, en Guitiriz". www.crtvg.es. Consultado o 2022-04-17. 
  13. Cabaleiro, Ana (2021-07-07). "O XXII Memorial Ricardo Portela homenaxea ao gaiteiro e artesán ‘Xocas’". Concello de Pontevedra. Consultado o 2022-04-19. 
  14. Asociación de Gaiteiros Galegos (10-2014). Xornadas de Baile Tradicional (2014) (Youtube). 
  15. "Lume na Palleira". www.crtvg.es. Consultado o 2022-04-17. 
  16. "Rumboia". A Radio de Pontevedra Viva. Consultado o 2022-04-25. 
  17. "Aturuxo 1 by agg.gal - Issuu". issuu.com. Consultado o 2022-04-19. 
  18. Varios Artistas. "O Quiquiriqui". Inquedanzas sonoras. Consultado o 2022-04-19. 
  19. "Pelo Gato 24". Inquedanzas sonoras. Consultado o 2022-04-19. 
  20. "TRECE LÚAS XA Á VENDA". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-04-19. 
  21. "O Berce das Palletas. A construción de palletas e pallóns.". www.tutudanza.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2022. Consultado o 2022-04-19. 
  22. "Son do Fol". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2022-04-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]