[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Astérix e Cleopatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Astérix e Cleopatra
Título orixinalAstérix et Cléopatre
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Mas-Ivars
Data de pub.Francia 1965
Galicia 1976
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 84-85146-19-0
Precedido porA volta á Galia de Astérix
Seguido porO combate dos xefes
TraduciónEduardo Blanco Amor (1976)
Xavier Senín e Isabel Soto (2018)
editar datos en Wikidata ]

Astérix e Cleopatra[1] (en francés: Astérix et Cléopatre) é o sexto volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado en 1965 e creado por René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (ilustracións).[2] Foi publicada de forma serializada por vez primeira na revista Pilote, nos números 215-257, en 1963.[3]

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976.[1] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[4] En setembro de 2018 publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto por Edicións Xerais.[5][6]

Nunha conversa entre Xulio César e Cleopatra no pazo da faraona, o emperador romano asegurou que os exipcios estaban en decadencia, Cleopatra indignada ante tal afirmación e para demostrarlle que os exipcios eran os mesmos que conseguiran construír as pirámides, faros e templos afirmou que nun prazo de tres meses erguería en Alexandría un pazo para o emperador romano. Se os exipcios conseguían superar o desafío, o César recoñecería que estaba enganado.

Cleopatra encargoulle a Numerobis, o mellor arquitecto de Alexandría, a construción do pazo, dicíndolle que se o lograba o cubriría de ouro, mais no caso de non conseguilo tiraríao aos crocodilos. Ante a dificultade para poder superar o desafío, Numerobis decide emprender a viaxe á Galia, onde vive o seu vello amigo Panorámix, a quen lle pide a axuda dos seus poderes máxicos para superar o desafío. Panorámix, acompañado de Astérix e Obélix (xunto co seu inseparable can Ideafix), parte con Numerobis a Exipto para axudarlle na construción do pazo, unha vez alí Panorámix prepara a súa poción máxica para darlla aos traballadores e aumentar o ritmo, mais o ritmo da construción se ve ameazado a causa das artimañas (tentativas de folga, falla de materiais, un intento de envelenamento a Cleopatra cun pastel supostamente regalado polos galos e mesmo un sitio ao pazo en construción resolto por Cleopatra logo de ser avisada por Ideafix) de Paletabis (arquitecto exipcio rival de Numerobis) e os romanos para que o pazo non se finalice no prazo acordado, secasí grazas á poción máxica e á axuda de Cleopatra (sabendo das malas artes dos romanos) o pazo é rematado no prazo previsto. Finalmente, Cleopatra cubriu a Numerobis ouro, Panorámix foi recompensado cuns manuscritos da biblioteca de Alexandría pola súa axuda, e cedeulles aos galos a súa galera para o seu retorno á Galia.

Unha vez na aldea foron recibidos como heroes e celebraron o habitual banquete.

Versións cinematográficas

[editar | editar a fonte]

O filme Astérix et Obélix : Mission Cléopâtre (2002) do director francés Alain Chabat, con Christian Clavier no papel de Astérix, Gérard Depardieu como Obélix e Monica Bellucci interpretando a Cleopatra, é a adaptación cinematográfica desta historia.

Hai tamén unha versión de animación co mesmo título que o libro creada en 1968, emitida pola TVG en numerosas ocasións.

  1. 1,0 1,1 Astérix e Cleopatra. Traducido por Eduardo Blanco Amor (1ª ed.). Valencia: Mas-Ivars. 1976. ISBN 84-85146-19-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Astérix et Cléopâtre - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  3. "Asterix: Omnibus 2: Asterix the Gladiator, Asterix and the Banquet, Asterix and Cleopatra by Rene Goscinny - Books". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  4. blog.xerais.gal, ed. (13 de outubro de 2017). "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  5. blog.xerais.gal, ed. (18 de setembro de 2018). "Novidade: «Astérix e Cleopatra», de René Goscinny. Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  6. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]