Arnulfo III de Flandres
Nome orixinal | (fr) Arnoul III de Flandre |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1054 |
Morte | 22 de febreiro de 1071 (16/17 anos) Cassel, Francia |
Causa da morte | morto en combate |
Lugar de sepultura | Abbey of Saint Bertin (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Flandres |
Pais | Balduíno VI de Flandres e Richilde, Countess of Hainaut |
Irmáns | Roger of Hainaut Balduíno II de Hainaut |
Arnulfo III de Flandres, chamado tamén Arnulfo o Desgraciado, nado en 1054 e finado en Bavinchove, preto de Cassel, o 22 de febreiro de 1071, foi conde de Flandres e Hainaut entre 1070 e 1071. Era fillo de Balduíno VI, conde de Flandres e de Riquilda, condesa de Hainaut[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo algúns historiadores, a pouca habilidade e crueldade da súa nai, Riquilda de Hainaut, empurrada polo rei Filipe I de Francia a tomar a rexencia en detrimento do irmán de Balduíno, Roberto o Frisón, provocaron rapidamente unha insurrección da nobreza das principais cidades. Segundo outros historiadores, foi a ambición de Roberto o Frisón o que o impulsou a poñer en marcha os levantamentos. En 1071, Arnulfo III morreu na batalla de Cassel, contra Roberto, que se converteu en Conde de Flandres. O condado de Hainaut foi parar ao seu irmán máis novo Balduíno II de Hainaut (1056 - 1098).
Foi enterrado polo seu tío, que lle construíu un mausoleo en Saint-Bertin. A morte precoz deste conde é a orixe da lenda de Gerbodon, vasalo de Arnulfo, que o tería matado e, cheo de remordemento, tería pedido ao papa que lle cortase as mans; este tería ordenado ao seu cociñeiro que executase a tarefa, agás se non tremesen, cousa que se tería producido. Perdoado, Gerbodon tería morto en Cluny, en loor de santidade.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]16. Arnulfo II de Flandres | ||||||||||||||||
8. Balduíno IV de Flandres | ||||||||||||||||
17. Rozala de Italia | ||||||||||||||||
4. Balduíno V de Flandres | ||||||||||||||||
18. Federico de Luxemburgo | ||||||||||||||||
9. Oxiva de Luxemburgo | ||||||||||||||||
2. Balduíno VI de Flandres | ||||||||||||||||
20. Hugo Capeto | ||||||||||||||||
10. Roberto II de Francia | ||||||||||||||||
21. Adelaida de Aquitania | ||||||||||||||||
5. Adela de Francia | ||||||||||||||||
22. Guillerme I da Provenza | ||||||||||||||||
11. Constanza de Arles | ||||||||||||||||
23. Adelaida de Anjou | ||||||||||||||||
1. Arnulfo III de Flandres | ||||||||||||||||
6. Rainiero de Hasnon ? | ||||||||||||||||
3. Riquilda de Hainaut | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arnoul III (comte de Flandre)". Biographie Nationale de Belgique. volume 1.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnulfo III de Flandres |