Existen vestixios da presenza dos romanos así coma do largo dominio musulmán e tamén da posterior recolonización cristiá tras a guerra pola Reconquista de Granada. No século XIX tivo especial protagonismo o municipio pola presenza nas súas terras de tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia. Arenas del Rey foi constituído coma municipio independente por distinción de Carlos III. O núcleo urbano onde se asentaba a antiga poboación foi destruído totalmente polo terremoto de 1884 e reconstruíuse durante os últimos anos dese mesmo século XIX grazas ás achegas recibidas desde practicamente toda España co decidido apoio á iniciativa por parte de Afonso XII.
En 1973 uníronse nun mesmo municipio os concellos de Fornes, Játar e Arenas del Rey, todos baixo este nome.