[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Arcada cega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En arquitectura a arcada cega é un elemento arquitectónico conformado por unha serie continua de arcos superposta a unha parede pechada.

A arcada cega estivo moi en voga na época medieval, sobre todo, na arquitectura románica. Os exemplos máis soados deben buscarse no románico pisano e en particular no rexistro inferior da Catedral de Pisa, o Baptisterio de San Giovani, a Torre inclinada e o cemiterio de Pisa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • N. Pevsner, J. Fleming, H. Honour, Dizionario di architettura, Turín 1981.