[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Arturo Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArturo Salgado

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1882 Editar o valor en Wikidata
Lobeira, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Segovia, España Editar o valor en Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Gobernador civil da provincia de Murcia
10 de decembro de 1924 – – Emilio Amor Rolán → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Patriótica
Renovación Española Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Salgado Biempica Editar o valor en Wikidata
ParentesValentín Lamas Carvajal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1527868

Arturo Salgado Biempica, nado en Lobeira o 6 de xullo de 1882 e finado en Segovia o 16 de abril de 1937, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era o fillo máis novo de Constantino Salgado Monasterio. Desde 1901 dedicouse a traballos mercantís e ao xornalismo fundando o semanario Ecos de Orense. Foi un dos impulsores do Círculo Católico de Obreros de Orense e fundador do Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Orense. Foi presidente do Comité maurista de Ourense. Na ditadura de Primo de Rivera foi vicepresidente da Deputación de Ourense, gobernador civil de Murcia (1924-1927), xefe provincial da Unión Patriótica de Ourense e delegado rexio para a represión do contrabando. Representante das organizacións provinciais da Unión Patriótica de Ourense na Asemblea Nacional Consultiva en 1927. Amigo e colaborador de José Calvo Sotelo (do que chegou a ser secretario particular), foi nomeado por este subdirector de CAMPSA en 1928. Durante a Segunda República seguiu colaborando con Calvo Sotelo e foi secretario do Bloque Nacional. Finou en Segovia o 16 de abril de 1937.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Rosina Lamas, filla de Valentín Lamas Carvajal.

  1. La Región, 18-4-1937, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]