Arturo Carretero
Nome orixinal | Arturo Carretero Sánchez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1852 Santiago de Compostela, España |
Morte | 4 de novembro de 1903 (50/51 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | gravador, xilógrafo |
Profesores | Bernardo Rico y Ortega (pt) |
Descrito pola fonte | Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (1868-1869) (pt) , (vol:1, p.126) Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Carretero (Arturo), p.74) |
Arturo Carretero Sánchez, nado en Santiago de Compostela no ano 1847 ou 1852[1] e finado en Madrid o 4 de novembro de 1903, foi un xilógrafo e gravador galego, un dos máis importantes da súa época.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do escribán salmantino Juan Alonso Carretero Fernández e da ferrolá Nemesia Sánchez Barros, tivo dúas irmás: Eligia (nada en 1842) e Nemesia (nada en 1843). Aprendeu gravado en París[2] e, ao regresar a España, estableceuse en Madrid. Ao longo da segunda metade do século XIX realizou moitos gravados en diversas publicacións periódicas, sendo especialmente importante a súa colaboración en La Ilustración Española y Americana. Porén, viuse afectado pola substitución do gravado en madeira por métodos de fotogravado, polo que nos seus últimos días traballou como debuxante. Discípulo seu foi Enrique Mayer, que estudou gravado no seu obradoiro madrileño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carretero y Sánchez, Arturo". VIAF.
- ↑ "Santiagueses ilustres. Arturo Carretero". El Eco de Santiago (en castelán). 7-11-1903. p. 2.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arturo Carretero |