[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Artur Tudor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArtur Tudor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1486 Editar o valor en Wikidata
Winchester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 1502 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (15 anos)
Castelo de Ludlow, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesudor anglicus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Worcester (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDucado de Cornualla (1486 (Gregoriano)–1502 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Tudor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina de Aragón (1501 (Gregoriano)–1502) Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique VII de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Iorque Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargarida Tudor
María Tudor
Katherine Tudor
Isabel Tudor
Edmundo Tudor, Duque de Somerset
Henrique VIII de Inglaterra
Edward Tudor Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Tudor-69 Find a Grave: 6894 Editar o valor en Wikidata


Artur Tudor, nado o 20 de setembro de 1486 e finado o 2 de abril de 1502, foi Príncipe de Gales e o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henrique VII deu a seu fillo o nome de Artur en homenaxe ao heroe da lenda arturiana, en parte como símbolo das súas esperanzas nun renacemento da grandeza inglesa, e en parte para reafirmar as relacións da dinastía Tudor con Gales. Un ano antes do seu nacemento publicárase Le Morte d'Arthur ou A Morte de Artur en galego, é a versión de Sir Thomas Malory sobre a historia do Rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda baseada en varias lendas inglesas e francesas e que tivo unha gran repercusión.

Duque de Cornualla dende o nacemento, investido como Príncipe de Gales e Conde de Chester en 1489. Cando tiña dous anos acordouse o seu casamento con Catarina de Aragón. A cerimonia celebrouse en novembro de 1501, e os noivos pasaron a residir en Ludlow, na fronteira entre Inglaterra e Gales. Artur morreu na primavera do ano seguinte, sen descendencia. Os seus títulos, muller e posición de herdeiro da coroa herdounos o seu irmán máis novo, o futuro Henrique VIII de Inglaterra.