[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Apagamento analóxico na Unión Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Control central nun centro emisor de televisión.

O apagamento analóxico é o nome co que se coñece o cesamento das emisións analóxicas dos operadores de televisión e radio dos países da Unión Europea. A Comisión Europea propuxo en maio de 2005 como data límite o ano 2012 para todos os países. O sinal que o substituíu consiste nun sistema que dixitaliza a emisión, o que se traduce nunha maior calidade da imaxe e nun número maior de programas. A partir deste momento foi indispensable dispoñer dun televisor cun sintonizador dixital, ou no seu defecto utilizar un decodificador TDT (ou DVB-T) que procese o sinal dixital e o envíe ó televisor, para ver a televisión.

A incerteza do apagón

[editar | editar a fonte]

A existencia dun parque de aparatos capaces de recibir e decodificar o sinal TDT fai que as datas previstas para realizalo queden en interdito. A comercialización de decodificadores en lugar da inclusión destes nos receptores e gravadores de TV crearon unha incerteza no futuro da TDT.

No mercado son moi poucos os televisores que inclúen o sintonizador dixital. Soamente aqueles aparellos de alta gama tráeno incluído mentres que os gravadores, xa de DVD son practicamente inexistentes. O número de receptores que existe en cada fogar, normalmente máis dun e a imposibilidade de que o decodificador poida ser comandado polo gravador, deu por resultado que non se estendera, como era de desexar, o parque de receptores de TDT.

A obriga da suspensión das emisións en PAL deixa en interdito o risco dunha perda relevante dos telespectadores, perda que pode influír nas canles comerciais que basean os seus ingresos na publicidade e na audiencia.

O proceso de adaptación

[editar | editar a fonte]

É preciso seguir estes tres pasos para poder captar o sinal de TDT:

  • Comprobar se xa se ten cobertura na zona. A cobertura irase incrementando progresivamente até alcanzar os obxectivos fixados no Plan técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre, aprobado polo Real Decreto 944/2005 do 29 de xullo, e que se corresponderá co 96% da poboación española para as cadeas de emisión privatizada e o 98% para as cadeas públicas. Para poder coñecer o estado da cobertura habilitouse unha páxina web.[1]
  • Adaptar a antena xa sexa individual ou colectiva.
  • Dispor dun equipo receptor de TDT. Estes equipos comercialízanse con diferentes aplicacións como gravacións en memorias flash e poden incluír ou non os cables precisos para a conexión á antena. Porén, hase de ter en conta que, polo xeral, o cable da saída do euroconector non ven incluído no pack.

En diferentes países da UE

[editar | editar a fonte]

En España, este apagamento estaba previsto para o 2012, porén, no Real Decreto do 29 de xullo de 2005, o goberno español adiantouno para que ocorra no 2010; agás en Soria, onde acontecerá en 2008 como proba piloto. Ata entón, convivirán as emisións analóxicas e dixitais. En parte de Galiza, acontecerá o 18 de xaneiro de 2010, mentres que no resto das Comunidades irase producindo este suceso até o 3 de abril do 2010.

En Suecia, está previsto para febreiro de 2008 e constará de cinco etapas que se iniciaron a finais do verán de 2005.

En Dinamarca, aínda que non existe data concreta, unha ampla maioría parlamentaria apoia que se efectúe o antes posible e se prevé para 2009.

Tanto Italia como Finlandia teñen como obxectivo que se produza entre 2006 e 2008.

Austria, Alemaña e Malta puxéronse, como España, como obxectivo 2010.

Bélxica, Eslovenia, Eslovaquia, Grecia, Hungría, Portugal e o Reino Unido teñen previsto realizalo na data límite: 2012.

Os demais países da Unión Europea aínda non se pronunciaron.

  1. MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO (3 de xaneiro de 2010). "Compruebe si ya dispone de cobertura TDT". televisiondigital.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]