[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alfaproteobacterias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alphaproteobacteria»)
Alfaproteobacterias

Micrografía electrónica de transmisión dunha célula de insecto con bacterias Wolbachia no seu interior.
de Public Library of Science / Scott O'Neill
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Ordes

As alfaproteobacterias [1] ou Alphaproteobacteria (ás veces escrito alfa-proteobacterias[1]) son un tipo de bacterias gramnegativas que forman unha clase do filo Proteobacteria.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

As Alphaproteobacteria comprenden maioritariamente xéneros fotótrofos, pero tamén varios xéneros que metabolizan compostos dun só carbono (por exemplo, Methylobacterium spp.), simbiontes de plantas (por exemplos, Rhizobium spp.) e animais, e un grupo de patóxenos, as Rickettsiaceae. Ademais, os precursores das mitocondrias das células eucarióticas pénsase que se orixinaron a partir de Rickettsia spp. (ver teoría endosimbiótica). Debido ás súas propiedades simbióticas, os investigadores usan frecuentemente as Alphaproteobacteria do xénero Agrobacterium nas técnicas de transferencia de xenes alleos a xenomas de plantas, e teñen tamén moitas outras aplicacións biotecnolóxicas.[3] As bacterias fotótrofas anoxixénicas aeróbicas son alfaproteobacterias, e son unha parte do plancto mariño de ampla distribución, que poden chegar a supoñer o 10% de toda a comunidade microbiana de mar aberto.

Evolución e xenómica

[editar | editar a fonte]

A clase Alphaproteobacteria comprende dez ordes, que son: Magnetococcales, Rhodobacterales, Rhodospirillales, Rickettsiales, Sphingomonadales, Caulobacterales, Kiloniellales, Kordiimonadales, Parvularculales e Sneathiellales.[4][5] Nas árbores filoxenéticas baseadas en secuencias concatenadas de grandes conxuntos de datos de proteínas, as especies destes ordes das que xa se secuenciou o xenoma ramifícanse na seguinte orde, desde a rama máis antiga á máis recente: Magnetococcales-Rickettsiales-Rhodospirillales-Sphingomonadales-Rhodobacterales-(Caulobacterales-Parvularculales)- Rhizobiales.,[6][7][8] As análises comparativas dos xenomas secuenciados levaron á descuberta de moitas mutacións por insercións e delecións (indeis) conservados en proteínas amplamente distribuídas e nas proteínas completas (é dicir, proteínas "sinatura"), que son características distintivas ou ben de todas as Alphaproteobacteria, ou ben das súas ordes principais (Rhizobiales, Rhodobacterales, Rhodospirillales, Rickettsiales, Sphingomonadales e Caulobacterales) e familias (Rickettsiaceae, Anaplasmataceae, Rhodospirillaceae, Acetobacteraceae, Bradyrhiozobiaceae, Brucellaceae e Bartonellaceae). Estas sinaturas moleculares proporcionan novos métodos para clasificar estes grupos taxonómicos e para a identificación e asignación de novas especies a cada un dos grupos.[6][9] Análises filoxenéticas e indeis conservados en gran cantidade doutras proteínas fornecen evidencias de que as Alphaproteobacteria se ramificaron antes ca moitos outros filos e clases de bacterias, agás as Betaproteobacteria e Gammaproteobacteria.[10][11]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

A filoxenia aceptada actualmente deste grupo está baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [5] e na base de datos taxonómicos do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [12] e a filoxenia está baseada nos datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree [13]

?Aquaspirillum polymorphum(Williams e Rittenberg 1957) Hylemon et al. 1973

?FurvibacterLee et al. 2007

?Kopriimonas byunsanensisKwon et al. 2005

?Magnetococcus marinus Bazylinski et al. 2012 (en prensa)

?Micavibrio aeruginosavorusLambina et al. 1983

?Polymorphum gilvumCai 2010

?Reyranella massiliensis Pagnier et al. 2011

?Ronia tepidophila

?Subaequorebacter tamlenseLee 2006

?Tuberoidobacter mutans

?Vibrio adaptatus Muir et al. 1990

?Vibrio cyclosites Muir et al. 1990

Rhodovibrio

Rhodospirillaceae 2

Tistrella

Rhodospirillaceae 3

Rhodospirillaceae 4

Defluviicoccus vanus Maszenan et al. 2005

Elioraea tepidiphila Albuquerque et al. 2008

Acetobacteraceae

Rickettsiales [incluídas Mitocondrias]

Sneathiella

Sphingomonadaceae [incluídas Erythrobacteraceae, Caulobacter leidyi, Asticcacaulis]

Rhodothalassium salexigens (Drews 1982) Imhoff et al. 1998

Kordiimonas

Rhodospirillaceae 1 [incl. Roseospirillum parvum, Kiloniella laminariae, Terasakiella pusilla]

Rhizobiales [incluídas Caulobacteraceae, Rhodobacteraceae, Parvularcula & Streptomyces longisporoflavus]

Notas:
♠ Cepas que se atopan no NCBI, pero non na LPSN.

  1. 1,0 1,1 O nome científico en latín do taxon é Alphaproteobacteria, polo que se pasa ao galego como alfaproteobacterias.
  2. "www.ncbi.nlm.nih.gov". Consultado o 29 xuño 2012. 
  3. "Heribert Hirt - Lab times 2008 - Intruder Alert". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  4. Don J. Brenner; Noel R. Krieg; James T. Staley; George Garrity (2005). The Proteobacteria: Part A Introductory Essays. シュプリンガー・ジャパン株式会社. pp. 172–. ISBN 978-0-387-24143-2. Consultado o 29 xuño 2012. 
  5. 5,0 5,1 J.P. Euzéby. "Alphaproteobacteria". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 29 xuño 2012. 
  6. 6,0 6,1 Gupta, R.S. and Mok, A. (2007) Phylogenomics and signature proteins for the alpha Proteobacteria and its main groups. BMC Microbiol. 2007 Nov 28;7(1):106; PMID 18045498
  7. Williams KP, Sobral BW, Dickerman AW: A robust species tree for the Alphaproteobacteria. J Bacteriol. 2007 Jul;189(13):4578-86. PMID 17483224
  8. Bazylinski DA, Williams TJ, Lefèvre CT, Berg RJ, Zhang CL, Bowser SS, Dean AJ, Beveridge TJ. (2012) Magnetococcus marinus gen. nov., sp. nov., a marine, magnetotactic bacterium that represents a novel lineage (Magnetococcaceae fam. nov.; Magnetococcales ord. nov.) at the base of the Alphaproteobacteria. Int J Syst Evol Microbiol. DOI 10.1099/ijs.0.038927-0
  9. Gupta RS: Protein signatures distinctive of Alphaproteobacteria and its subgroups and a model for Alpha proteobacterial evolution. Crit Rev Microbiol 2005, 31: 135. PMID 15986834
  10. Gupta, R.S. (2000) Phylogeny of Proteobacteria: Relationships to other eubacterial phyla and to eukaryotes. FEMS Microbiol. Rev. 24: 367-402.
  11. Gupta, R.S. and Sneath, P.H.A. (2007) Application of the Character compatibility approach to generalized molecular sequence data: Branching order of the Proteobacterial subdivisions. J. Mol. Evol. 64: 90-100.
  12. Sayers; et al. "Alphaproteobacteria". National Center for Biotechnology Information (NCBI). Consultado o 2011-06-05. 
  13. 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 29 xuño 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]