Alfredo Nan de Allariz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1875 Xinzo de Limia, España |
Morte | 26 de maio de 1927 (52 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta, actor de teatro, dramaturgo, escritor, compositor |
Membro de | |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Nan de Allariz |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario da literatura galega Enciclopedia Galega Universal |
Alfredo Fernández, coñecido como Alfredo Nan de Allariz, nado en Xinzo de Limia o 13 de maio de 1875 e finado en Madrid a o 26 de maio de 1927, foi un escritor en lingua galega e lingua castelá, de estilo costumista, poeta, dramaturgo, actor e compositor galego. Foi un dos máis notables representantes da creación dramática e teatral de corte rexionalista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou á Arxentina onde se dedicou ao comercio. Foi colaborador de El Eco de Galicia, destacando como poeta e dramaturgo. Regresou a España. Concluíu os estudos de Bacharelato e iniciou a carreira de Dereito, que non rematou. Logo de facer un periplo por varias capitais americanas como actor e autor teatral, chegou a Cuba en 1904.
Na Habana foi nomeado secretario da sección de propaganda do Centro Gallego e secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Foi director da compañía de Esperanza Iris nos seus primeiros tempos e administrador do Teatro Nacional da Habana, dependente do Centro Gallego.[1] Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[2] Formou parte da comisión que en marzo de 1908 trasladou da capital cubana a Galicia o cadáver de Manuel Curros Enríquez,[3] a quen tivo como mestre, polo que sentía unha grande admiración e con quen mantivo unha longa amizade. Nan de Allariz solicitoulle ao concello ourensán que lles dedicasen o nome de senllas rúas ou prazas a Valentín Lamas Carvajal e Curros.
Destacou tamén como compositor musical de zarzuela, pezas costumistas e operetas, como Sangre vienesa. Foi autor de O zoqueiro de Vilaboa: boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros (1907).[4] O seu libro de poemas Fume de palla (1909) foi obxecto dun edicto condenatorio promulgado polo cardeal Arcebispo de Santiago de Compostela José María Martín de Herrera,[3] que o propio Nan de Allariz agradeceu con sarcasmo e incluíu ao final da segunda edición, publicada no mesmo ano.[a]
Na Habana dirixiu o semanario Follas Novas e en 1914 fundou O Tío Marcos, bilingüe e de curta vida, inspirado no ourensán O Tio Marcos d'a Portela (1876-1889), que fundara Lamas Carvajal.
Ademais do seu labor xornalístico, foi propietario das fábricas de tabaco La Flor de Lis e Galatea.
Abandonou Cuba en 1919 e retornou definitivamente a España, instalándose en Madrid e traballando nun teatro que tiña contratado Antonio Méndez Laserna, empresario aragonés asentado en Vigo.
Morreu en Madrid prematuramente o 26 de maio de 1927, aos 52 anos de idade.[5]
Listaxe (non exhaustiva) da obra escrita
[editar | editar a fonte]En lingua galega
[editar | editar a fonte]- Libros:
- Recordos d'un vello gaiteiro. Monólogo en verso gallego, 1904 (teatro)
- O zoqueiro de Vilaboa. Boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros con música do autor, 1907 [4]
- Fume de palla, coleución de versos gallegos, 1909 [b]
- Relatos breves publicados en prensa:
- "O pai dun axusticiado", 1899
- "Xavier", 1899
- "A peneda negra", 1900
- "Airiños... levaime a ela", 1905
- "Viutima d'o progreso", 1916
- "Conto vello...", 1916 [7]
- Inéditos:
- "Por mor do drama Minia ou furto, xuízo e sentenza", 1904, mecanoscrito inédito [8]
En lingua castelá
[editar | editar a fonte]- Libros:
- A golpes de hacha: hachazos poéticos, 1913
- Del salón al sotabanco: (escenas de amor y navajazos y opulencias y miserias entre damas y rufianes), 1920 (narrativa)
- Un gallego en Madrid, visita de Xan Peisano al Presidente del Consejo, 1923 (teatro)
- Relatos breves publicados en prensa:
- "Hilario" 1899 [c]
Biblioteca virtual
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
Hacemos saber: Que ha sido denunciado á Nuestra autoridad un folleto impreso este año en la ciudad de La Coruña, casa de Ferrer, cuyo título es FUME DE PALLA, colección de poesías gallegas publicada por D. Alfredo Nan de Allariz; y resultando de la censura del mismo, ordenada por Nos, que contiene proposiciones impías, blasfemas y hereticales, así como también se leen pasajes obscenos y corruptores de las costumbres; por el presente, en cumplimiento de Nuestro deber, condenamos dicho folleto, y prohibimos su lectura á todos nuestros diocesanos bajo la pena de pecado mortal.Fume de Palla, 2ª edición, p. 198.
- ↑ O primeiro verso é "O sono do emigrado".
- ↑ 3,0 3,1 Despois incluído no volume Del salón al sotabanco.
- Referencias
- ↑ "Murió Nan de Allariz". El Orzán (en castelán): 3. 28/5/1927.
- ↑ "Membros correspondentes". RAG.
- ↑ 3,0 3,1 Carballo Calero 1975, p. 457.
- ↑ 4,0 4,1 Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. p. 503-504. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Nan de Allariz ha muerto". La Zarpa (en castelán): 1. 27/5/1927.
- ↑ Lorenzo Rumbao, Belén (abril de 2013). "Peza do mes" (PDF). Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
- ↑ Publicado en El Eco de Galicia (Buenos Aires) n.º 900, 30/10/2016. Republicado co título "Contiño vello" en Eco de Galicia (A Habana) n.º 15, 14/10/1917; Eco de Galicia n.º 314, 14/11/1926; El Despertar Gallego (Buenos Aires) n.ª 89, 17/12/1926 e Eco de Galicia n.º 320, xuño de 1927
- ↑ Ogando & Tato 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Fernández, Alfredo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 87.
- "Fernández, Alfredo". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 891. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Fernández, Alfredo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Nan de Allariz, Alfredo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2003. pp. 75–95. ISBN 84-453-3736-X.
- Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. p. 285. ISBN 978-84-89599-44-4.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 138; 457–458. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 30.
- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX (en castelán). Sevilla: Renacimiento. p. 66. ISBN 84-8472-069-1.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 139. ISBN 84-7492-465-0.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Mayor, Francisco (1979). O teatro galego. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-013-2.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Mayor, Francisco (1982). Antoloxía do teatro galego. Teatro. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-143-0.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. pp. 96–97. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Ogando, I.; Tato, L. (2012). Textos recuperados. De Galo Salinas a Castelao (CC BY-SA 4.0). Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. UDC. ISBN 978-84-9749-533-2. doi:10.17979/spudc.9788497495332.
- Pena, X. R. (2014). "O teatro lírico-costumista". Historia da literatura galega II. Xerais. p. 408. ISBN 978-84-9914-764-2.
- Tato Fontaíña, Laura (1997). Teatro galego 1915-1931. Edicións Laiovento. ISBN 84-87847-96-X.
- Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego (das orixes a 1936). A Nosa Terra. pp. 56–78. ISBN 84-89976-98-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 206. ISBN 84-8288-019-5.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo Nan de Allariz |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Alfredo Nan de Allariz |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Nados en Xinzo de Limia
- Nados en 1875
- Finados en 1927
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Compositores de Galicia coa obra no dominio público
- Dramaturgos de Galicia
- Poetas en lingua galega
- Poetas en lingua castelá
- Actores de teatro de Galicia