Alfabeto greco-ibérico
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O alfabeto greco-ibérico é unha adaptación case directa dun alfabeto grego xónico ás particularidades da lingua ibérica e, polo tanto, carece da característica distintiva do resto de escrituras paleohispánicas, que presentan signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais.
Este alfabeto escríbese de esquerda a dereita e a súa área de difusión concéntrase nas provincias de Alacant e Murcia. O número de inscricións que o utilizan é moi reducido, dúas decenas de grafitos cerámicos e unha decena de fusíbeis, entre os que salientan o chumbo da Serreta (Alcoi, Alacant) e o do Cigarralejo (Mula, Murcia). O chumbo da Serreta apareceu en 1921 e foi decisivo no desciframento do signario ibérico nororiental de Manuel Gómez-Moreno publicada en 1922. Os contextos arqueolóxicos das inscricións onde se usa son do século IV a.C., pero as características paleográficas con relación ao modelo parecen indicar que a adaptación podería ser de mediados do século V a.C..
O alfabeto greco-ibérico está formado por 16 signos idénticos aos do modelo agás polo que respecta á segunda vibrante: cinco vogais, só unha nasal, unha lateral, dúas sibilantes, dúas vibrantes, tres oclusivas sonoras, (labial, dental e velar), pero só dúas xordas (dental e velar). Para representar a segunda vibrante engádese un til a rho, elíxese eta no canto de épsilon para representar /e/, e elíxese sampi como segunda sibilante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gómez-Moreno, Manuel (1922): «De Epigrafia ibérica: el plomo de Alcoy», Revista de filología española 9, pp. 341–366.
- Hoz, Javier de (1987): «La escritura greco-ibérica», Veleia 2-3, pp. 285–298.
- Hoz, Javier de (1998): «Epigrafía griega de occidente y escritura greco-ibérica», Los griegos en España, pp. 180–196.
- Rodríguez Ramos, Jesús (2005): «Introducció a l’estudi de les inscripcions ibèriques», Revista de la Fundació Privada Catalana per l’Arqueologia ibèrica 1, pp. 13–144.
- Untermann, Jürgen (1990): Monumenta Linguarum Hispanicarum. III Die iberischen Inschriften aus Spanien, Wiesbaden.
- Velaza, Javier (1996): Epigrafía y lengua ibéricas, Barcelona.