[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alexei Troitzky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexei Troitzky

Alexei Alexeievich Troitzky
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1866
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
MorteAgosto de 1942
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeRusa
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMaster of Sport of USSR in Chess Composition (en) Traducir (1934) Editar o valor en Wikidata
Premios


Alexei Alexeievich Troitzky ou Troitsky, nado o 14 de marzo de 1866 en San Petersburgo e finado en agosto de 1942, foi un xadrecista ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É considerado un dos mellores compositores de estudos sobre finais en xadrez. Morreu por inanición no sitio de Leningrado, durante a segunda guerra mundial, no cal as súas notas foron destruídas.

Un dos seus traballos máis famosos é a análise do final de dous cabalos contra un peón. Determinou que, a pesar de que dous cabalos non poden dar xaque mate ao rei por eles mesmos, a presenza dun peón contrario que exceda a "Liña Troitzky" permite o mate, xa que evita as táboas por afogamento do rei adversario.