[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alexandros Papagos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexandros Papagos

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Αλέξανδρος Παπάγος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1955 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPrimeiro Cemitério de Atenas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Grecia
19 de novembro de 1952 – 4 de outubro de 1955
← Dimítrios Kiusópoulos (pt) TraducirKonstantínos Georgios Karamanlís (pt) Traducir →
Chief of the Hellenic National Defence General Staff (en) Traducir
1950 – 1951
Chief of the Hellenic Army General Staff (en) Traducir
1936 – 1940
Deputado do Parlamento Helénico
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónRoyal Military Academy (en) Traducir
Varvakeio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1906 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoGreek Rally (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de Grecia Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariscal de campo Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial
Guerra Civil da Grécia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLeonidas Papagos Editar o valor en Wikidata
PaiLeonidas Papagos Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Παπάγος-3 Find a Grave: 234734436 Editar o valor en Wikidata

Aléxandros Papagos (Αλέξανδρος Παπάγος), nado en Atenas o 9 de decembro de 1883 e finado en Atenas o 4 de outubro de 1955, foi un mariscal de campo grego, que comandou o exército grego na guerra ítalo-grega, así como nas últimas etapas da Guerra Civil Grega. Posteriormente converteuse en primeiro ministro do seu país.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Inicios e carreira militar

[editar | editar a fonte]

Papagos naceu nunha familia acomodada, en Atenas, en 1883.[1] Grazas á súa orixe e aos contactos coa corte logrou ser enviado a estudar na academia de cabalaría de Bruxelas.[1] En 1906 uniuse ao exército grego. A súa lealdade á monarquía durante a crise entre Eleftherios Venizelos e os monarcas levoulle a ser expulsado polos partidarios do primeiro en 1917.[2] O cambio de fortuna dos dous bandos políticos fixo que fose readmitido en 1920, tras a derrota electoral de Venizelos.[2]

Posguerra

[editar | editar a fonte]

Participou na fracasada campaña de Asia Menor, sendo de novo expulsado en 1923 tras o seu intento infrutuoso de pronunciamento para tratar de eliminar das forzas armadas os elementos antimonárquicos.[2] En 1927 e grazas ao acordo temporal entre venicelistas e antivenicelistas puido regresar ao Exército.[2]

Restauración monárquica

[editar | editar a fonte]

A súa participación foi notable na restauración da monarquía en 1935 e foi nomeado ministro de Asuntos Militares no gabinete de Konstantinos Demertzis.[2] Substituído polo rei Xurxo á fronte do ministerio por Ioannis Metaxas tras as eleccións de 1936, isto frustrou as súas ambicións de exercer de intermediario entre as forzas armadas e o soberano.[2]

Comandante en xefe e a guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos escalou varios postos até chegar a comandante en xefe, e comandou as forzas gregas contra a invasión italiana de outubro de 1940.[2] Repeleu o primeiro avance italiano e obrigou ao Exército italiano a replegarse a Albania. Metaxas, a diferenza do rei, desconfiaba da capacidade de Papagos e mantívoo na capital gran parte da campaña, que tivo que dirixir desde Atenas.[2] Metaxas influíu nas decisións militares até a súa morte en xaneiro de 1941.[2] A pesar de que un segundo ataque tamén foi rexeitado, Alemaña entrou na guerra a comezos de abril, e os gregos foron derrotados e obrigados a capitular.

Papagos foi arrestado e enviado a un campo de concentración en 1943, sendo devolto ao país en 1945.

A guerra civil e á fronte do goberno

[editar | editar a fonte]

En 1949 foi novamente el quen comandou ao exército grego contra as forzas comunistas. En 1952 foi elixido primeiro ministro, cargo que desempeñou até o día da súa morte.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]