[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Albert Henry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert Henry

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Albert Royle Henry Editar o valor en Wikidata
11 de xuño de 1907 Editar o valor en Wikidata
Illa Aitutaki, Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Illa de Rarotonga, Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento das Illas Cook
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa Cristiá das Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido das Illas Cook Editar o valor en Wikidata
Deporterugby Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porfraude Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Henry-4745

Albert Royle Henry, nado o 11 de xuño de 1907 en Tutakimoa (Rarotonga) e finado o 1 de xaneiro de 1981 en Rarotonga, foi un político das Illas Cook, fundador do Partido das Illas Cook e que exerceu o posto de primeiro ministro entre 1964 e 1978.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henry foi profesor de primaria en Arorangi entre 1925 e 1932, nese ano trasladouse á illa de Aitutaki como director da escola de Araura, permanecendo nese posto ata que en 1936 deixou o ensino, traballando no sector privado en 1938 traballa no sector privado, e pouco despois en 1938 [1] fundou Te Akatauira, unha publicación integramente en maorí das Illas Cook alí escribía editoriais a miúdo críticos coas grandes compañías privadas da illa, pouco despois do comezo da segunda guerra mundial as autoridades pechárona por difundir información clasificada sobre as illas. Henry uniuse ás Forzas de Defensa Local das Illas Cook , e en 1942 marchou a Nova Zelandia, establecéndose en Auckland, alí ingresou no Partido Laborista de Nova Zelandia [2]. En 1945 asumiu o posto de secretario da sección de Auckland da recentemente formada Asociación para o Progreso das Illas Cook,[3], constituída por plantadores de Aitutaki e Rarotonga e que tiña como un dos seus principais obxectivos a adquisición un navío para exportar a súa produción sen depender do barco que detentaba o monopolio do transporte marítimo entre as Illas Cook e Nova Zelandia, en 1949 Henry puido adquir o barco La Reta grazas ás contribucións dos membros da asociación e un empréstimo do goberno laborista neozelandés, e con el vai a Rarotonga pero á volta cambiou o goberno e o novo demandoulle o reembolso do empréstimo acordado polo anterior e Henry ten que revender o navío.

En 1964 volveu a Nova Zelandia, transformou a Asociación nun verdadeiro partido político, o Partido das Illas Cook, pero non se puido presentar as eleccións de abril 1965 por non cumprir o requisito de permanencia mínimo nas Illas, e foi a súa irmá, Margarite Story a que se presentou nunha das circunscricións electoriais, gañou o seu partido e foi quen de reformar o sistema electoral, e Henry tras renunciar ao escano a súa irmá presentouse ás eleccións parciais de xullo, saíndo elixido, o 4 de agosto o Parlamento das Illas Cook votou o novo status de Estado Libre Asociado para o país, converténdose Henry no seu primeiro ministro. En 1978 foi acusado de delito electoral, cesando no seu cargo e sendo condenado por corrupción a tres anos de inhabilitación para cargos públicos[4].