[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alba Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlba Cid

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, investigadora, escritora, mestra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Premios

Instagram: ollobasilisco BNE: XX5056114 BUSC: cid-fernandez-alba-1989 Dialnet: 2400597 Editar o valor en Wikidata

Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989,[1] é unha poeta galega.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela,[3] onde realiza a súa tese doutoral e exerceu docencia.[4] No curso 2020-2021 foi profesora no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, en 2022 aprobou a oposición de profesora de ensino secundario na materia de Lingua Galega e Literatura.

Foi recoñecida desde moi nova en diversos galardóns literarios[5]. O seu labor investigador céntrase na teoría poética e a literatura galega, enfocando especialmente a tematización da autoría, a enunciación, a hibridación xenérica e a fragmentación na poesía contemporánea.[6]

Publicou textos en diversos libros colectivos, como Poética da casa (2006), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015) ou Librosconversos (2016), e nas revistas Dorna[7] (de cuxo Consello de Redacción forma parte), Raigame, Algália, Grial e Luzes[8].[9]

Mantivo diversos espazos na rede, coma o caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos [10] ou a súa conta de Instagram, ademais de colaborar en diversas publicacións dixitais, coma Noir Magazine[11].

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Coedicións

[editar | editar a fonte]
  • Trans-fronteiras Express: Reflexións teórico-críticas sobre hibridación e emerxencia cultural e literaria (2013). Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
  • La poesía actual en el espacio público (2015). Orbis Tertius.
  • A faia de Ponto. Le roi de la Galice (2022). Acentral Folque. Con Estevo Creus (textos) e Maria João Worm (deseños). A plaquette revisa o texto medieval francés 'Ponthus et la belle Sidonie'.[13][14]
  • 43 Concurso Nacional de Redacción Coca Cola (2003).
  • Rosalía de Castro de Cornellà (2006, 2008).
  • Minerva (2007).
  1. "Alba Cid - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2019-11-17. 
  2. Babelia (2020-12-04). "Alba Cid: “Las redes sociales son un pasadizo a infinitas bibliotecas”". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2020-12-06. 
  3. "CURRICULUM VITAE Alba Cid" (PDF). usc.gal. Consultado o 17/11/2019. 
  4. "Horario del profesor - Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias - USC". www.usc.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-13. 
  5. "Alba Cid e David Vázquez gañan os premios Aurelio Aguirre e José Saramago", na web do concello de Santiago de Compostela, 16 de abril de 2008.
  6. "Membro - Alba Cid Fernández - Grupo de Investigación en Teoría da Literatura e Literatura Comparada". www.tllc-usc.gal. Consultado o 2019-11-17. 
  7. "As poetas Lorena López e Alba Cid falan do novo número de Dorna | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2016-10-03. 
  8. "Ceo ou cénit. A autoría feminina na poesía galega - Revista Luzes". 2016-03-28. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2016-10-03. 
  9. "PoesiaGalega: Alba Cid". www.poesiagalega.org. Consultado o 2019-11-17. 
  10. Caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos
  11. "Essays on Tiny Forests and the Perpetual – NOIR Magazine". noirmgz.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2016. Consultado o 2016-10-03. 
  12. "Atlas - La Bella Varsovia" (en castelán). 2024-07-18. Consultado o 2024-09-04. 
  13. "Alba Cid e Estevo Creus reescriben a historia de Ponto e Sidonia". G24. Consultado o 2023-04-01. 
  14. Nicolás, Ramón (2023-03-17). "A faia de Ponto. Le roi de la Galice". Caderno da crítica. Consultado o 2023-04-01. 
  15. "Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández". La Voz de Galicia. 2020-10-20. Consultado o 2020-10-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]