[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ajofrín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAjofrín
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°42′45″N 3°58′55″O / 39.7125, -3.9819444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Toledo Editar o valor en Wikidata
CapitalAjofrín Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.340 (2023) Editar o valor en Wikidata (66,86 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie35 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude770 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Burguillos de Toledo (pt) Traducir
Nambroca (pt) Traducir
Orgaz (pt) Traducir
Mazarambroz (pt) Traducir
Chueca (pt) Traducir
Layos (pt) Traducir
Sonseca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMiguel Gallardo Sánchez-Barbudo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal45110 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE45001 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX451545

Ajofrín é unha poboación española da provincia de Toledo en Castela-A Mancha.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

"Ajofrín" derivou do patronímico árabe Al-Ya'far, 'o lugar dos Yafar ou Jafar'.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio sitúase sobre unha chaira ao norte do arco máis setentrional dos Montes de Toledo, nunha planicie de granito da meseta toledana, escasamente alterada por algún cerro. Linda coas poboacións de Burguillos de Toledo, Nambroca, Chueca, Sonseca, Mazarambroz e Layos, todas de Toledo. A súa situación na estrada xeral N-401 (Toledo-Cidade Real) manteno ben comunicado.

O seu clima é claramente continental con oscilacións anuais de temperaturas moi altas, precipitacións escasas e nevadas non moi frecuentes.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os diversos censos de poboación amosan un lixeiro pero constante descenso demográfico desde principios do século XX até 1981. En 1900 había 2.208 habitantes; en 1930, 2.278 habitantes; en 1960, 2.088 habitantes; en 1970, 2.002 habitantes e en 1981, 1.871 habitantes.

A existencia dunhas termas romanas indican a súa existencia na época do Imperio romano. No século XV pertencía ao cabido da Igrexa de Toledo, recibindo por entón o título de vila.

Na denominada serra de Layos houbo unha mina de cobre, abandonada xa a mediados do século XVIII, que non deu moito rendemento.

Economía

[editar | editar a fonte]

A industria é fundamentalmente agrícola. Está cultivado máis do 60% do territorio, nun acusado réxime latifundista, con predominio de explotadores arrendatarios. A parte dunhas 55 ha de viñedo e dalgunhas de remolacha azucreira (cultivo en auxe), destacan as extensións de oliveiras, de bos rendementos, como tamén de creais. O rego realízase só a base de auga dalgúns pozos. Apenas destacan algunhas industrias artesanais, de ámbito local.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Os monumentos destacables son a ermida de Xesús Nazareno do século XII, a Casa Grande do século XV, a Picota da Xustiza e a ermida de San Andrés, ambas do século XVI, a casa de Jacinto Guerrero, convertida en museo, e a igrexa de Santa María Magdalena, do século XV.

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • Martes de abril seguinte ao domingo de resurrección: romaría Alimán.
  • Primeiro domingo de maio: festa na honra da Virxe de Gracia.
  • Martes seguinte ao primeiro domingo de maio: romaría dos Catro Camiños.
  • Domingo seguinte a San Agustín: festas patronais da Virxe de Gracia.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]
Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Miguel Gallardo Sánchez-Barbudo UCD
1983-1987 Miguel Gallardo Sánchez-Barbudo AP/PDP/UL
1987-1991 Miguel Gallardo Sánchez-Barbudo PP
1991-1995 Miguel Gallardo Sánchez-Barbudo PP
1995-1999 Miguel Gallardo Sánchez-Barbudo PP
1999-2003 Pedro Alguacil Ruiz PSOE
2003-2007 Pedro Alguacil Ruiz PSOE
2007-2011 Pedro Alguacil Ruiz PSOE
2011-2015 Miguel Gallardo Sánchez-Barbudo PP
2015-2019 María Isabel Alguacil de La Peña PSOE
2019-2023 n/d n/d
2023- n/d n/d
  1. Jairo Javier García Sánchez, Toponimia mayor de la provincia de Toledo (zonas central y oriental), Toledo, 2004, Instituto provincial de investigaciones y estudios toledanos, páx. 85, ISBN 84-95432-05-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]