[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ajaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
K'inich Janaab' Pakal, ahau de Palenque.

O ajaw ou ahau é a denominación da clase gobernante (os dignatarios) das cidades-estado da cultura maia. Este termo foi interpretado como un sinónimo de señor, dirixente, rei ou líder, pero este termo abarca a todos os membros da caste gobernante, e non só a un individuo. O título de ajaw tamén lle foi concedido á caste sacerdotal maia. Tamén foi o nome do vixésimo día do calendario ritual dos maias.

A palabra provén do maia clásico, e aínda existe entre as actuais linguas maias, con algunhas variacións de pronuncia ou de escrita. A enciclopedia Iucatán no Tempo di que segundo o Dicionario de Motul, ajaw significa rei ou emperador, monarca, príncipe ou gran señor. Igualmente significa corcovado. Ajaw é tamén o nome dun día do calendario maia.[1]

A forma ajaw foi proposta e aprobada en 1994 pola Academia de Linguas Maias de Guatemala, e foi adoptada polos maias contemporáneos. Antes esta normalización das linguas maias, este termo era normalmente escrito como ahau, derivado das primeiras transcricións de textos en maia iucateco ó español. No sistema de escrita maia, o termo ajaw era escrito por medio de glifos.

O título de kuhul ajaw (señor divino) éralle outorgado a un individuo con gran poder e influencia na política maia. O poder e a influencia dun ajaw variaba considerablemente, xa que o dominio dun só individuo podía abarcar varias cidades, e a súa influencia podía estenderse máis aló desta esfera. Este dominio podía tamén recoñecérselle á súa dinastía ou á súa cidade.

O título de ajaw tamén lle foi outorgado a varias mulleres, a quen se lles antepuña o prefixo ix- ("muller") ó seu título para indicar o seu sexo.

Ajaw como unidade de tempo

[editar | editar a fonte]

Cronoloxicamente, dentro do ciclo maia, o Ajaw é un ciclo composto por 13 katunes (93.600 kines/días ou 256,28 anos) ou 260 Tunes (períodos de 360 días) ou 360 Tzolkin. Á súa vez, 20 ciclos ajaw compoñen unha das capas do ciclo da Conta longa. Por tanto, o Ahau é a 20ª parte da Conta Longa e tamén é a centésima parte do ciclo de 5 contas longas.

  1. Casares G. Cantón, Raúl; Duch Colell, Juan; Antochiw Kolpa, Michel; Zavala Vallado, Silvio et ál (1998). Yucatán en el tiempo. Mérida, Iucatán. ISBN 970 9071 04 1.