Air Niugini
Aparencia
Air Niugini | ||
---|---|---|
IATA PX | OACI ANG | Indicativo NIUGINI |
Fundación | 1973 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Port Moresby | |
Plan de voo frecuente | Destinations | |
Subsidiarias | Link PNG | |
Frota | 20 | |
Destinos | 39 | |
Páxina web: http://www.airniugini.com.pg |
Air Niugini Limited é a aeroliña nacional de Papúa Nova Guinea, con sede na Air Niugini House, dentro das instalacións do aeroporto de Port Moresby, onde está a súa principal base de operacións. A compañía opera unha rede doméstica dende Port Moresby e Lae, ademais de servizos internacionais cara a destinos en Asia, Oceanía e Australia. Niugini é a palabra en tok pisin para Nova Guinea.
Frota
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2018 frota de Air Niugini estaba formada polos seguintes avións:[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Boeing 737-700 | 1 | — | 16 | 106 | 122 | |
Boeing 737-800 | 2 | — | 20 | 138 | 158 | |
Boeing 737 MAX 8 | — | 4 | TBA | 192 | Entregas en 2020[2] | |
Boeing 767-300ER | 2 | — | 28 | 160 | 188 | |
Fokker 70 | 7 | — | — | 80 | 80 | |
Fokker 100 | 8 | — | 8 | 93 | 101 | |
Total | 20 | 4 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Planespotters (ed.). "Air Niugini Fleet Details and History". Consultado o 24 de abril de 2018.
- ↑ Air Transport World (ed.). "Air Niugini orders four Boeing 737 MAX 8s". Consultado o 24 de abril de 2018.