Agathe Uwilingiyimana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1953 Mwumba, Burundi (pt) |
Morte | 7 de abril de 1994 (40 anos) Kigali, Ruanda |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | National Heroes Cemetery in Rwanda (en) |
Primeiro ministro de Ruanda | |
18 de xullo de 1993 – 7 de abril de 1994 ← Dismas Nsengiyaremye (en) – Jean Kambanda (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Nacional de Ruanda (pt) Lycée Notre-Dame de Cîteaux (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas |
Ocupación | política, mestra |
Partido político | Democratic Republican Movement (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Ignace Barahira (1976–1994) |
Agathe Uwilingiyimana, nada en Nyaruhengeri o 23 de maio de 1953 e finada en Kigali o 7 de abril de 1994, tamén coñecida como Madame Agathe[1] foi unha científica e política ruandesa. Ocupou o cargo de Primeira Ministra entre o 18 de xullo de 1993 e o seu asasinato o 7 de abril de 1994, durante o xenocidio de Ruanda.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Agathe Uwilingiyimana naceu na localidade de Nyaruhengeri ao sur da provincia ruandesa de Butare[2] no seo dunha familia de granxeiros.[3]
Estudou na escola secundaria Notre Dame des Cîteaux e obtivo o certificado para ensinar humanidades en 1973. Continuou cos estudos de posgraduado en matemáticas e química, despois dos que se converteu en mestra de escola en Butare en 1976. En 1983, dedicouse a dar clases de química na Universidade Nacional de Ruanda en Butare. Recibiu un B.Sc. en 1985, e ensinou química durante catro anos nas escolas académicas de Butare. Foi criticada polos tradicionalistas por promover o estudo das matemáticas e das ciencias entre as estudiantes.[4]
Uwilingiyimana casou cun compañeiro de secundaria, Ignace Barahira, en 1976, mais mantivo o seu apelido de solteira. O seguinte ano naceu o primeiro dos seus cinco fillos.[2]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Militante do Movemento Democrático Republicano (MDR), asumiu o cargo como primeira ministra de Ruanda o 18 de xullo de 1993, sendo a primeira muller en ocupar o posto. Participou xunto ao goberno do presidente Juvénal Habyarimana nas negociacións coa Fronte Patriótica Ruandesa (FPR), unha guerrilla liderada por persoas tutsi. As conversas levaron á sinatura dos Acordos de Arusha en agosto de 1993, poñendo fin temporalmente á guerra civil ruandesa.
O 6 de abril de 1994, o presidente Habyarimana foi asasinado despois de que descoñecidos derribasen con mísiles o avión que o transportaba. O magnicidio desatou unha vaga de violencia en Kigali. Horas máis tarde, tropas leais a Habyarimana enfrontáronse a Uwilingiyimana e ás tropas internacionais da Misión de Asistencia das Nacións Unidas para Ruanda (UNAMIR). A primeira ministra foi violada e asasinada,[5] mentres que dez soldados belgas foron torturados e executados (cinco soldados de Ghana de UNAMIR foron liberados previamente). Os sucesos do 7 de abril desataron posteriormente o xenocidio ruandés, que acabou coa vida de entre 500 000 e dous millóns de ruandeses.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Grünfeld, Frederik; Huijboom, Anke (2007). The Failure to Prevent Genocide in Rwanda: The Role of Bystanders (en inglés). Martinus Nijhoff Publishers. ISBN 978-90-04-15781-1. Consultado o 8 de xuño de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Newton, Michael (17 de abril de 2014). Famous Assassinations in World History: An Encyclopedia [2 volumes] (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 978-1-61069-286-1. Consultado o 8 de xuño de 2020.
- ↑ Hoogensen, Gunhild; Solheim, Bruce O. (2006). "Agathe Uwilingiyimana". Women in Power – Women Leaders Since 1960. Praeger Publishing. p. 48–50. ISBN 0-275-98190-8.
- ↑ New Times
- ↑ Off 2010, p. 56.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hoogensen, Gunhild; Solheim, Bruce O. (2006). "Agathe Uwilingiyimana". Women in Power – Women Leaders Since 1960. Praeger Publishing. pp. 48–50. ISBN 0-275-98190-8.
- Herr, Alexis (2018). Rwandan Genocide: The Essential Reference Guide. ABC-CLIO. ISBN 978-1-4408-5561-0.
- Hill, Kevin A. (1996). "Agathe Uwilingiyimana". En Salokar, Rebecca Mae; Volcansek, Mary L. Women and the Law: A Bio-Bibliographical Sourcebook. Greenwood Press. pp. 323–328. ISBN 978-0-313-29410-5.
- Kayihura, Edouard; Zukus, Kerry (2014). Inside the Hotel Rwanda: The Surprising True Story ... and Why It Matters Today. BenBella Books. ISBN 978-1-937856-73-1.
- Newton, Michael (2014). Famous Assassinations in World History: An Encyclopedia [2 volumes]. ABC-CLIO. ISBN 978-1-61069-286-1.
- Off, Carol (2010). The Lion, the Fox and the Eagle. Random House of Canada. ISBN 978-0-307-37077-8.
- Skard, Torild (2015). "Agathe Uwilingiyimana". Women of Power: Half a Century of Female Presidents and Prime Ministers Worldwide. Policy Press. pp. 291–292. ISBN 978-1-4473-1580-3.