Aeroporto Internacional de Osaca
Aeroporto Internacional de Osaca Aeroporto Internacional de Itami 大阪国際空港Ōsaka Kokusai Kūkō
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Localización | Itami, prefectura de Hyōgo Ikeda e Toyonaka, prefectura de Osaca | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
14R/32L | 3 000 | 9 843 | formigón asfáltico |
14L/32R | 1 828 | 5 997 | formigón asfáltico |
Estatísticas (2010) | |||
Avións | 62 293 | ||
Pasaxeiros | 14 193 277 | ||
Volume de carga | 125 736 t |
O Aeroporto Internacional de Osaca (大阪国際空港 Ōsaka Kokusai Kūkō) (IATA: ITM, ICAO: RJOO) ou Aeroporto Internacional de Osaca-Itami é o principal aeroporto doméstico da rexión xaponesa de Kansai, que inclúe as grandes cidades de Osaca, Kyoto e Kobe. Está clasificado como un aeroporto de primeira clase.
Adoita a chamarse Aeroporto de Itami (伊丹空港 Itami Kūkō) debido a que a meirande parte do mesmo está situado en Itami, na prefectura de Hyōgo. O complexo da terminal está localizado en Toyonaka, na prefectura de Osaca, e o único acceso dende o lado de Itami é a través dun longo túnel que pasa por debaixo da pista de aterraxe e da plataforma. Unha parte da propiedade do aeroporto é de Ikeda, Osaca.
A pesar da súa designación de "internacional", o seu tráfico de pasaxeiros é totalmente doméstico. O Aeroporto Internacional de Kansai (a 43 quilómetros) fíxose cargo dos voos internacionais de Osaca en 1994 e compite con el polo tráfico doméstico. Osaca tamén compite co Aeroporto de Kobe (a 26 km), un pequeno aeroporto doméstico aberto en 2006, aínda que ese ano o aeroporto foi o máis usado da rexión e o 3º do Xapón.
Durante o ano 2010 o aeroporto tivo un movemento de 62 293 avións (procedentes de 32 cidades). O número total de pasaxeiros foi de 14 193 277, e o volume de carga de 125 736 toneladas métricas.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
All Nippon Airways | Fukuoka, Hakodate, Kagoshima, Kumamoto, Miyazaki, Nagasaki, Naha, Sapporo-Chitose, Sendai, Toquio-Haneda, Toquio-Naritaa Estacional: Kushiro |
All Nippon Airways operado por ANA Wings |
Akita, Aomori, Fukuoka, Fukushima, Kōchi, Matsuyama, Niigata, Oki, Ōita, Shizuoka, Toquio-Narita Estacional: Iwami |
All Nippon Airways operado por Ibex Airlines |
Fukuoka, Fukushima, Niigata, Ōita, Oki, Sendai |
Amakusa Airlines | Kumamoto |
Japan Airlines | Amami Ōshima, Naha, Sapporo-Chitose, Toquio-Haneda, Toquio-Narita Estacional: Asahikawa, Memanbetsu |
Japan Airlines operado por J-Air |
Akita, Aomori, Fukuoka, Hakodate, Hanamaki, Izumo, Kagoshima, Kumamoto, Matsuyama, Misawa, Miyazaki, Nagasaki, Niigata, Ōita, Sendai, Yamagata Estacional: Matsumoto |
Japan Airlines operado por Japan Air Commuter |
Izumo, Oki, Tajima, Yakushima Estacional: Tanegashima |
Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
ANA Cargo | Toquio-Haneda, Naha |