Adrián Ben
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1998 (26 anos) Viveiro, España |
Altura | 179 cm |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | 800 metros lisos |
Participou en | |
7 de xuño de 2024 | Campeonato da Europa de Atletismo de 2024 (pt) (6º) |
2021 | Xogos Olímpicos de 2020 (5º) |
Adrián Ben Montenegro, nado en Viveiro o 4 de agosto de 1998,[1] é un atleta galego especialista en probas de media distancia. Foi campión de España e de Europa dos 800 metros, especialidade na que acadou ademais dúas finais mundiais e unha final olímpica.
Destacou dende neno gañando diferentes títulos a nivel provincial e autonómico en campo a través e atletismo en pista. Comezou a competir como alumno do seu colexio de Galdo, ata que aos 13 anos entrou no Club Atletismo Lucus de Lugo, onde militou durante catro anos ata a súa fichaxe en 2016 polo FC Barcelona. En categorías inferiores foi oito veces campión de Galicia e nove veces campión de España, destacando entre o seu palmarés os seus catro títulos nacionais en 1500 metros e os dous en campo a través. Ademais conseguiu un sexto posto nos 2000 metros obstáculos no Campionato do Mundo Xuvenil en Cali e a medalla de bronce de 1500 m no Campionato de Europa sub-20 de Grosseto.
A nivel absoluto, foi dúas veces campión de Galicia (a primeira delas con só 15 anos) e dúas veces campión de España. Con 21 anos, no Campionato do Mundo celebrado en Doha, converteuse no primeiro español en case tres décadas en meterse na final mundial de 800 metros, conseguindo o sexto posto final. En 2021, despois de estar case un ano de baixa por unha fractura nun fémur, proclamouse campión de España de 800 metros e obtivo así a clasificación para os Xogos Olímpicos de Toquio. Na capital xaponesa fixo historia ao converterse no primeiro atleta español en clasificarse para a final dos 800 m, na que obtivo un histórico quinto posto, sendo este o segundo mellor resultado olímpico dun atleta nacido en Galicia en toda a historia, por detrás só do bronce de Ana Peleteiro uns días antes.
En 2023 proclamouse campión de Europa dos 800 metros, no Campionato de Pista Cuberta celebrado en Istambul e un ano despois participou nos Xogos Olímpicos de 2024.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos en Viveiro
[editar | editar a fonte]Iniciouse no atletismo no IES Santa Rita de Galdo, co impulso do seu mestre de educación física, Luis Ramallal.[2] Comezou a gañar as probas de campo a través da Mariña de Lugo e a adestrar na Agrupación Deportiva San Roque de Viveiro, competindo en pista en diferentes distancias, así como en salto de lonxitude, ao mesmo tempo que practicaba tamén dúatlon e balonmán entre outros deportes.[3][4][2] En 2007 foi campión provincial benxamín, tanto en campo a través como nos 60 metros lisos e nos 1000 metros,[5][6] revalidando os tres títulos ao ano seguinte.[7][8]
En 2009, xa como alevín, logrou o seu primeiro título autonómico na súa primeira participación, proclamándose campión galego de campo a través por diante do favorito, o noiés de orixe etíope Tariku Novales.[9] Ademais foi de novo campión provincial dos 60 e dos 1000 metros e terceiro no Campionato Galego de Dúatlon alevín.[10][11]
En 2010 proclamouse campión galego infantil dos 1000 metros, e en 2011 aumentou o seu palmarés no autonómico con tres metais máis: ouro nos 80 metros, prata no salto de lonxitude e bronce nos 1000 metros, ademais dun cuarto posto no autonómico de campo a través.[12][13][14]
Etapa no Lucus
[editar | editar a fonte]Aos 13 anos entrou no Club Atletismo Lucus de Lugo, no que militou durante catro anos.[2] En 2012 proclamouse campión galego dos 1000 m en pista cuberta, subcampión da mesma distancia ao aire libre e subcampión de campo a través,[15] mentres que ao ano seguinte gañou o certame de 3000 ao aire libre e foi subcampión en pista cuberta.[16][17] Tamén en 2013 participou nos Campionatos de España cadete, rematando terceiro nos 3000 metros en pista cuberta e cuarto nos 1500 metros obstáculos ao aire libre.
Etapa xuvenil e primeiro título galego absoluto
[editar | editar a fonte]En 2014, xa como xuvenil, foi campión galego dos 3000 metros en pista cuberta, dobrando a todos os seus rivais na final disputada no Pazo dos Deportes de Riazor,[18] foi campión tamén dos 2000 metros obstáculos ao aire libre, e cuarto no Campionato de España xuvenil de 5000 metros.[19][20] Tamén en 2014, e con só 15 anos, proclamouse en Pontevedra campión galego absoluto dos 1500 metros, superando ao favorito, o vigués Miguel Otero.[21]
Comezou o 2015 cun terceiro posto no Campionato Galego de Campo a Través xuvenil, por detrás de Miguel González e Tariku Novales,[22] e poucos días despois os mesmos tres corredores subiron ao podio do autonómico xuvenil dos 3000 metros en pista cuberta, esta vez con Ben de segundo.[23] En marzo proclamouse en Donostia campión de España xuvenil dos 1500 metros en pista cuberta, superando en máis de tres segundos a Mouad Mbarki, segundo,[24] e menos dun mes despois conquistou tamén o campionato nacional xuvenil dos 5000 metros, de novo por diante de Mbarki.[25] En xuño fixo en Vigo un tempo de 3.48.86 nos 1500 metros, establecendo un novo récord galego xuvenil ao superar en máis de tres segundos a anterior marca de Roberto Pérez Manuel, vixente dende había tres décadas.[26] Uns días despois proclamouse campión galego xuvenil dos 3000 metros e unha semana despois bateu o récord galego xuvenil dos 800 m, cun tempo de 3.48.86.[27] Antes de rematar o mes de xuño tivo tempo aínda para gañar tamén o campionato de España xuvenil dos 2000 metros obstáculos, batendo o récord do campionato.[28]
En xullo disputou na cidade colombiana de Cali o Campionato do Mundo Xuvenil, onde competiu na proba de 2000 metros obstáculos, obtendo a sexta praza final cun tempo de 5:45.59.[29]
Etapa júnior e fichaxe polo FC Barcelona
[editar | editar a fonte]A finais de 2015 pasou a competir como júnior e en marzo de 2016 conseguiu nesta categoría a prata no Campionato de España de campo a través, só por detrás de Ossama Ifraj.[30] En xullo proclamouse en Castelló de la Plana campión de España júnior nos 1500 metros,[31] e só uns días despois participou na mesma distancia no Campionato do Mundo Júnior celebrado na cidade polaca de Bydgoszcz, pero sen conseguir meterse na final.
Tralo verán de 2016 deixou Lugo, entrou na Residencia Blume de Madrid (onde comezou a ser adestrado por Arturo Martín) e fíxose oficial a súa fichaxe polo FC Barcelona. En decembro disputou en Sardeña o Campionato de Europa Júnior de Campo a Través, obtendo a oitava praza individual e a prata na proba por equipos.[32] No 2017 proclamouse campión de España júnior de 3000 metros en pista cuberta e de 1500 ao aire libre, e foi de novo subcampión nacional júnior de campo a través, só por detrás de Miguel González. Ademais bateu os récord de España júnior de 1500 e 3000 metros en pista cuberta e o de 500 metros ao aire libre.[33][34]
Tamén en 2017 conseguiu a súa primeira medalla internacional, no Campionato de Europa sub-20 celebrado en Grosseto, onde foi bronce na súa proba favorita, os 1500 metros, quedando a seis dećimas do vencedor, o galés Jake Heyward.[35] Disputou ademais o Campionato do Mundo Júnior de Campo a Través, na cidade ugandesa de Kampala, aínda que quedou moi lonxe dos primeiros postos.[36][37]
Etapa sub-23 e podios nacionais absolutos
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2018 regresou a Galicia para participar no autonómico de pista cuberta en Ourense. Correu na proba de 1500 metros absoluta, logrando o ouro por diante de Jorge Puig e Fernando Vales.[38] Nas seguintes semanas bateu dous récords galegos sub-23 en pista cuberta (800 e 3000 metros), que levaban vixentes máis de 20 anos, e elevou así ata oito o seu número de récords galegos.[39]
En febreiro disputou en Salamanca o seu primeiro campionato de España sub-23 (en pista cuberta), logrando a prata nos 3000 metros, e correu tamén no seu primeiro nacional absoluto, rematando oitavo nos 1500 m.[40][41] En marzo proclamouse en Mérida campión de España sub-23 de campo a través.[42][43] En xullo participou nos Campionatos de España ao aire libre, tanto na categoría sub-23 como na absoluta. En sub-23 acabou segundo nos 800 metros, mentres que no certame absoluto celebrado en Xetafe subiu ao podio dos 1500 m, detrás de Jesús Gómez e Adel Mechaal.[44][45][46] En agosto participou en Berlín no seu primeiro Campionato de Europa absoluto, nos 1500 m, sen conseguir meterse na final e en decembro competiu no Campionato de Europa de Campo a Través sub-23, rematando na 10ª praza da clasificación final.[47]
Comezou o 2019 logrando o ouro nos 1500 m dos Campionatos do Mediterráneo (competición bienal sub-23). En febreiro gañou o bronce no Campionato de España de Atletismo en pista cuberta de Antequera, tamén nos 1500 metros,[48] e dúas semanas despois disputou o seu primeiro Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta, en Glasgow, onde non logrou o pase á final ao rematar cuarto na súa semifinal.[49] Ese mesmo mes revalidou o seu título de campión de España sub-23 de campo a través, ao superar nos metros finais da proba celebrada en Cáceres a Tariku Novales.[50] O 30 de xuño proclamouse en Tarragona campión de España sub-23 de 1500 e o 1 de setembro fíxose co subcampionato de España absoluto de 800 metros no campionato ao aire libre celebrado en La Nucía, onde só puido superalo Mariano García.[51]
Mundial de Doha e primeiro título nacional absoluto
[editar | editar a fonte]Unhas semanas despois, no Campionato do Mundo de Atletismo de 2019, en Doha, converteuse no primeiro atleta español en chegar á final dun Campionato do Mundo de Atletismo na proba de 800 metros dende Tomás de Teresa en 1991,[52] cunha marca de 1 minuto 44,97 segundos (récord de Galicia). Na gran final disputada o 1 de outubro chegou á meta en sexto lugar,[53] conseguindo o mellor posto dun español na historia desta categoría do Mundial.[54]
En febreiro de 2020 en Madrid bateu o récord galego de 800 metros en pista cuberta que levaba 25 anos en posesión de Andrés Díaz, cun tempo de 1:46.60.[55] Uns días despois, en Ourense, gañou a prata no Campionato de España de Atletismo en pista cuberta, nos 800 metros, ao entrar a 12 centésimas de Pablo Sánchez-Valladares, ouro.[56] A continuación sufriu unha fractura no fémur que o mantivo afastado das competicións durante 11 meses.[57]
En xuño de 2021 gañou o seu primeiro título absoluto de campión de España, ao impoñerse na final dos 800 metros cun tempo de 1:47.07, superando a Saúl Ordoñez (2º) e a Pablo Sánchez-Valladares (3º).[58] Con este triunfo gañou ademais unha praza para os Xogos Olímpicos de Toquio.[59] Pouco antes dos Xogos participou nunha proba da Diamond League en Estocolmo, onde bateu o récord galego de 800 metros, que el mesmo posuía, establecendo unha nova marca de 1:44.18, a cuarta mellor marca española da historia.[60] Rematou cuarto na carreira, a tres décimas do vencedor, Ferguson Rotich.[61]
Xogos Olímpicos de Toquio
[editar | editar a fonte]Comezou a súa primeira participación olímpica o 31 de xullo, nunha primeira carreira na que logrou o pase ás semifinais cun tempo de 1:45.30, o mellor tempo dun español nos 800 metros na historia dos Xogos.[62] Xa nas semifinais, rebaixou nun segundo o tempo do día anterior, conseguindo clasificarse por tempo e converténdose no primeiro español en meterse nunha final olímpica de 800 metros.[63] Na final, disputada o día 4 de agosto, logrou o quinto posto e con el o diploma olímpico, nunha carreira que gañou o kenyano Emmanuel Korir.[64] Foi o segundo mellor resultado dun atleta nacido en Galicia en toda a historia, por detrás só do bronce de Ana Peleteiro uns días antes.
Campión de Europa
[editar | editar a fonte]En 2022 foi subcampión de España ao aire libre e bronce no certame en pista cuberta. En marzo de 2023 proclamouse campión de Europa dos 800 metros no certame celebrado en Istambul. Aínda que comezou a final na última posición foi remontando e superando a todos os rivais, ata entrar na meta na primeira posición, con só tres milésimas de segundo sobre o segundo clasificado, o francés Benjamin Robert.[65]
Ese mesmo ano logrou en Torrent o seu segundo título de campión nacional, superando a Mohamed Attaoui e Saúl Ordóñez, establecendo ademais un novo récord do campionato (1:45.01).[66] En agosto disputou en Budapest o seu terceiro Campionato do Mundo, ao que chegou como campión de España e de Europa. Nas semifinais conseguiu o segundo posto, cun tempo de 1:43.92, a mellor marca da súa carreira.[67] Xa na final entrou demasiado atrasado na recta final e quedou a oito centésimas das medallas, rematando na cuarta posición por detrás de Marco Arop, Emmanuel Wanyonyi e Ben Pattison.[68] En febreiro de 2024 obtivo o bronce no nacional de pista cuberta, quedando a dúas centésimas da prata nunha carreira que dominou Mariano García.[69]
Xogos Olímpicos de 2024
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de 2024 non puido repetir o éxito dos anteriores Xogos. Na súa serie, na que só se clasificaban para as semifinais os tres primeiros, acabou cuarto, a unha décima do terceiro, o sueco Andreas Kramer. Foi así para a repesca, onde de novo rematou ás portas das semifinais.[70]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións nacionais
[editar | editar a fonte]Categorías inferiores | |||||
---|---|---|---|---|---|
Ano | Campionato | Lugar | Clasificación | Proba | Tempo |
2012 | Campionato de España de atletismo cadete en pista cuberta | Oviedo | 15º | 1000 m | 2:53.19 |
Campionato de España de atletismo cadete | Castelló | 19º | 1000 m | 2:48.20 | |
2013 | Campionato de España de atletismo cadete en pista cuberta | Valencia | 3º | 3000 m | 9:05.85 |
Campionato de España de atletismo cadete | Granollers | 4º | 1500 m (obs.) | 4:27.39 | |
2014 | Campionato de España de atletismo xuvenil en pista cuberta | Valencia | 8º | 1500 m | 4:04.69 |
Campionato de España de 5000 m xuvenil | L'Alfàs del Pi | 4º | 5000 m | 15:15.70 | |
Campionato de España de atletismo xuvenil | Valladolid | 4º | 2000 m (obs.) | 6:08.70 | |
2015 | Campionato de España de atletismo xuvenil en pista cuberta | Donostia | 1º | 1500 m | 3:55.84 |
Campionato de España de fondo en pista xuvenil | Huelva | 1º | 5000 m | 14:52.47 | |
Campionato de España de atletismo xuvenil | Cidade Real | 1º | 2000 m (obs.) | 5:56.37 | |
2016 | Campionato de España de campo a través júnior | Calatayud | 2º | Campo a través | 25:46 |
Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta | Sabadell | 5º | 3000 m | 8:33.35 | |
Campionato de España de atletismo júnior | Castelló | 1º | 1500 m | 3:44.52 | |
2017 | Campionato de España de campo a través júnior | Xixón | 2º | Campo a través | 26:00 |
Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta | Valencia | 1º | 3000 m | 8:24.53 | |
Campionato de España de atletismo júnior | Granollers | 1º | 1500 m | 4:08.18 | |
2018 | Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta | Salamanca | 2º | 3000 m | 8:27.46 |
Campionato de España de campo a través júnior | Mérida | 1º | Campo a través | 31:32 | |
Campionato de España de atletismo júnior | Soria | 2º | 800 m | 1:51.81 | |
2019 | Campionato de España de atletismo júnior en pista cuberta | Antequera | 3º | 1500 m | 3:42.49 |
Campionato de España de campo a través júnior | Cáceres | 1º | Campo a través | 30:45 | |
Campionato de España de atletismo júnior | Tarragona | 1º | 1500 m | 4:01.21 | |
Categoría absoluta | |||||
Ano | Campionato | Lugar | Clasificación | Proba | Tempo |
2018 | Campionato de España de Atletismo en pista cuberta | Valencia | 8º | 1500 m | 3:52.92 |
Campionato de España de Atletismo | Xetafe | 3º | 1500 m | 3:40.09 | |
2019 | Campionato de España de Atletismo en pista cuberta | Antequera | 3º | 1500 m | 3:42.49 |
Campionato de España de Atletismo | La Nucía | 2º | 800 m | 1:47.28 | |
2020 | Campionato de España de Atletismo en pista cuberta | Ourense | 2º | 800 m | 1:53.76 |
2021 | Campionato de España de Atletismo en pista cuberta | Madrid | 5º | 800 m | 1:49.66 |
Campionato de España de Atletismo | Xetafe | 1º | 800 m | 1:47.07 | |
2022 | Campionato de España de Atletismo en pista cuberta | Ourense | 3º | 800 m | 1:49.50 |
Campionato de España de Atletismo | Nerja | 2º | 800 m | 1:46.01 | |
2023 | Campionato de España de Atletismo en pista cuberta | Madrid | 4º | 800 m | 1:46.12 |
Campionato de España de Atletismo | Torrent | 1º | 800 m | 1:45.01 |
Competicións internacionais
[editar | editar a fonte]Marcas persoais
[editar | editar a fonte]
|
|
Récord de Galicia
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2023 foi recoñecido como Lucense do Ano.[71]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RFEA profile" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Adrián Ben: de Galdo a Tokio, la forja de un crack". El Progreso (en castelán). 6 de agosto de 2021. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "A Devesa reunió a 200 escolares en busca de billete para el Provincial". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 22 de xaneiro de 2006. p. L13.
- ↑ "Adrián Ben, o rapaz “humilde” de Viveiro que fixo historia nos Xogos Olímpicos"
|url=
incorrecto (Axuda). 4 de agosto de 2021. Consultado o 24 de agosto de 2021. - ↑ "Once equipos de la comarca subieron al podio en el Provincial". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 27 de febreiro de 2007. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Los atletas de A Mariña lograron 77 medallas en el Provincial escolar". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 9 de maio de 2007. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Catalin Dragomir, del Lourenzá, logra la medalla de plata en el Gallego de cross, en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Las promesas del atletismo mariñano lograron 57 medallas en el Provincial". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 14 de maio de 2008. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ Meitín Buján, I. (25 de febreiro de 2009). "Adrián corre hacia la élite". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ Meitín Buján, I. (21 de maio de 2009). "Los atletas mariñanos asaltan el podio en el Provincial escolar". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "La cantera del San Roque volvió a estar a la altura en el Gallego de duatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de maio de 2009. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ Meitín Buján, I. (8 de xuño de 2010). "Carla y Adrián, los reyes de los 1.000 metros infantil en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Campións galegos de atletismo ao aire libre (infantil)" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ Meitín Buján, I. (25 de maio de 2011). "Tres éxitos, un solo futuro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "«Gústame que meu pai me diga que o fixen ben»". La Voz de Galicia. 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Campións galegos de atletismo en pista cuberta (cadete)" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Campións galegos de atletismo ao aire libre (cadete)" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ Meitín Buján, I. (10 de febreiro de 2014). "«Adry», un ciclón en el Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Campións galegos de atletismo en pista cuberta (xuvenil)" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Campións galegos de atletismo ao aire libre (xuvenil)" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato Galego de Atletismo de 2014" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben sube al podio autonómico y saca billete para el campeonato nacional". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2015. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Meitián Buján, I. (2 de febreiro de 2015). "Adrián Ben, como una bala al Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato de España xuvenil en pista cuberta de 2015" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben Montenegro, campeón de España juvenil de 5.000" (en castelán). 11 de abril de 2015. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Meitín Buján, I. (5 de xuño de 2015). "Otra exhibición de récord del viveirense Adrián Ben". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Meitín Buján, I. (16 de xuño de 2015). "El coleccionista de récords". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato de España xuvenil 2015" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato do Mundo xuvenil de 2015" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato de España júnior de campo a través 2016" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato de España xuvenil de atletismo de 2016" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Plata para Ben y González en Chia". Faro de Vigo (en castelán). 12 de decembro de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben bate el récord de España júnior de 1.500 en pista cubierta". El Progreso (en castelán). 3 de febreiro de 2017. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Díaz Rolle, I. (28 de xullo de 2017). "Adrián Ben ata su tercer récord de España júnior antes de coger las vacaciones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Pérez, Novales Salort y Ben, podio en los Europeos Júnior". AS.com (en castelán). 2017-07-22. Consultado o 2022-02-09.
- ↑ "Campionato do mundo de campo a través júnior de 2017". Asociación Internacional de Federacións de Atletismo. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben asume errores en el Mundial de cros de Uganda, donde fue 72.º". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 2017. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ "Memoria atlética anual 2017/2018" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben pulveriza otro récord gallego sub-23, el de los 800 metros". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato España sub-23 de 2018 (pista cuberta)" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2021. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato de España de atletismo en pista cuberta de 2018" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato de España de Campo a Través de 2018" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2021. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben, campeón nacional sub23". Faro de Vigo (en castelán). 12 de marzo de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionato de España de atletismo 2018 (aire libre)" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2021. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben se cuela en el podio del campeonato de España". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben se cuelga el bronce en los 1.500". El Progreso (en castelán). 22 de xullo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑ "Adrián Ben: «Fue imposible seguir al campeón francés»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de decembro de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben, bronce en el Nacional indoor". El Progreso (en castelán). 17 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑ "Adrián Ben, cuarto na súa serie, queda fóra da final do Europeo indoor de Glasgow"
|url=
incorrecto (Axuda). 1 de marzo de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2021. - ↑ Meitín Buján (10 de marzo de 2019). "Adrián Ben repite hazaña y entra en la historia del cros español". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben, subcampeón de España de 800". El Progreso (en castelán). 1 de setembro de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑ Arribas, Carlos (29 de setembro de 2019). "Adrián Ben alcanza la final que se creía imposible". El País. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ "“Non me rendín nunca”: o viveirense Adrián Ben, sexto na final de 800 metros no Mundial de Atletismo de Doha". Sermos Galiza. 2 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2 de outubro de 2019.
- ↑ "Adrián Ben, primer finalista español en 28 años, acaba sexto en 800". La Vanguardia (en castelán). 1 de outubro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Adrián Ben bate el récord gallego de 800 de Andrés Díaz de 1995". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑ "Platas para Adrián Ben, Saleta Fernández y Belén Toimil y bronce para Leticia Gil". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de marzo de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑ "Adrián Ben, en su vuelta tras 11 meses sin competir: "Estoy nervioso como cuando era niño"". Marca (en castelán). 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Resultados Campionato de España 2021" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ "Adrián Ben se proclama campeón de España y gana el billete para la Olimpiada". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xullo de 2021.
- ↑ "Adrián Ben pulveriza el récord gallego de 800 m con exhibición en Estocolmo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xullo de 2021. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ Bellón, Juanma (4 de xullo de 2021). "Fontes, Ben y Guerrero dan el 'do de pecho' antes de Tokio". As (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2021. Consultado o 26 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben accede a semifinales tras otra carrera histórica". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2021.
- ↑ González-Amat, Xavier (1 de agosto de 2021). "Adrián Ben, primer español en una final olímpica de 800". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben, quinto e diploma olímpico nos seus primeiros Xogos". Nós Diario. 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ "Adrián Ben, campeón de Europa de pista cubierta en 800 por tres milésimas" (en castelán). 5 de marzo de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Adrián Ben, campeón de las remontadas y a los Mundiales" (en castelán). 30 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Adrián Ben, a la final de 800 metros" (en castelán). 24 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Arribas, Carlos (26 de agosto de 2023). "El francotirador Adrián Ben, cuarto del mundo en los 800m de Budapest". El País (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Adrián Ben gana el bronce de 800 metros en el Campeonato de España de pista corta". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de outubro de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Adrián Ben no pudo acceder a la semifinal del 800 metros de París 2024". La Voz de Galicia. 8 de agosto de 2024. Consultado o 9 de agosto de 2024.
- ↑ "Marica Campo, Siro López, Melania Cruz ou Adrián Ben, entre os Lucenses do Ano". G24. Consultado o 2023-12-11.