Adobe Inc.
Adobe Inc. | |
---|---|
Fundación | 1982 |
Localización | California (Estados Unidos) |
Persoas clave | John Warnock Charles Geschke |
Industria | Informática |
Produtos | Programas informáticos, mercadotecnia |
Na rede | |
https://www.adobe.com/, https://business.adobe.com/, https://www.adobe.com/au/, https://www.adobe.com/nz/, https://www.adobe.com/kr/, https://www.adobe.com/tw/, https://www.adobe.com/cn/ e https://www.adobe.com/hk_zh/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adobe Inc. é unha empresa de software con sede en San José (California, Estados Unidos) fundada en decembro de 1982 por John Warnock e Charles Geschke. Destaca no mundo do software polos seus programas de edición de páxinas web, vídeo e imaxe dixital. Adobe xogou un rol significativo no comezo da revolución da autoedición cando Apple comezou a utilizar PostScript para a súa liña de impresoras LaserWriter en 1985.
Historia
[editar | editar a fonte]A finais dos anos 80, logo de que o Postscript comezase a popularizarse, Adobe lanzou ao mercado Adobe Illustrator, que pronto se converteu nun dos programas indispensables para os profesionais gráficos. A principios dos 90, saíu a primeira versión de Photoshop que eventualmente sería un dos programas insignia da empresa e un dos seus produtos máis vendidos.
Acrobat e o formato PDF tardaron en atopar o seu lugar no mercado, pero a medida que as aplicacións ían integrándose máis as vantaxes do PDF fóronse facendo máis evidentes e actualmente é o estándar no que a intercambio de documentos dixitais respecta.
Adobe non conseguira desenvolver unha aplicación DTP, e polo tanto adquiriu Aldus en 1994, que producía Pagemaker, para competir con QuarkXPress, pero isto non foi suficiente e en 1999 foi presentado InDesign, que progresivamente foi ocupando lugares antes exclusivos de Quark, aínda que aínda non supera o seu market share.
No ano 2005 Adobe comprou Macromedia, coñecida empresa de software distribuidora dos programas Flash, Dreamweaver, Director, Fireworks, e Freehand entre outros.
Produtos e tecnoloxías
[editar | editar a fonte]Adobe produce aplicacións de nivel profesional destinadas ao retoque fotográfico (Photoshop), debuxo vectorial (Illustrator), maquetaxe (InDesign), edición de vídeo (After Effects, Premiere), documentos dixitais (Acrobat), contido web e multimedia (Dreamweaver e Flash), entre outros. Coa adquisición de Macromedia en 2005, Adobe ampliou os produtos que ofrecía con aplicacións e tecnoloxías que se complementaban coas que xa posuía. Adobe tamén é distribuidor de tipografías dixitais.
Un dos principais méritos da empresa foi a creación da linguaxe Postscript, que é a linguaxe que usan as impresoras láser para imprimir correctamente. Un dos desenvolvementos máis coñecidos de Adobe é o formato PDF (Portable Document Format) e Adobe Acrobat, programa que traballa con ese formato, e distribúese en diferentes versións: Adobe Reader (só permite ler PDF e é gratuíto) e Adobe Acrobat (comercialízase en edicións estándar e profesional), que permite crear documentos e outras numerosas opcións sobre o formato. Na actualidade Adobe é o distribuidor do Flash Player, creado por Macromedia, e encargado do desenvolvemento do formato SWF.
Os seus produtos pódense adquirir por separado ou en paquetes que inclúen varias aplicacións que se integran entre se, como o Adobe Creative Suite, Adobe Production Studio e Adobe Studio 8.
Lista de produtos
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adobe Inc. |