[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Adelaida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAdelaida
Adelaide (en) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

EpónimoAdelaide de Saxe-Meiningen Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 34°55′39″S 138°36′00″L / -34.9275, 138.6
EstadoAustralia
Estado da Austrália (pt) TraducirAustralia Meridional Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.387.290 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.071,27 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.295 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1 m Editar o valor en Wikidata
Creación28 de decembro de 1836 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal5000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico08700, 08701, 08702, 08703, 08704, 08705, 08706, 08707, 08708, 08709, 08710, 08711, 08712, 08713, 08714, 08715, 08716, 08717, 08720, 08721, 08722, 08723, 08724, 08725, 08730, 08731, 08732, 08733, 08734, 08735, 08736, 08740, 08741, 08742, 08743, 08744, 08745, 08746, 08747, 08810, 08811, 08812, 08813, 08814, 08815, 08816, 08817, 08819, 08820, 08821, 08822, 08823, 08824, 08825, 08826, 08827, 08829, 08830, 08831, 08832, 08833, 08834, 08835, 08836, 08837, 08839, 08840, 08841, 08842, 08843, 08844, 08845, 08846, 08847 e 08849 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webadelaide.sa.gov.au Editar o valor en Wikidata
Twitter: CityofAdelaide Instagram: cityofadelaide BNE: XX452864 Editar o valor en Wikidata

Adelaida[1][2][3] (en inglés: Adelaide) é a quinta maior cidade de Australia, sendo capital e a cidade máis poboada do estado de Australia Meridional, cunha poboación de máis de 1 200 000 habitantes.

É unha cidade costeira situada na parte sur do océano Pacífico nos Altos de Adelaide, ao norte da península de Fleurieu, entre o golfo de San Vicente e as Montañas Lofty Ranges. É unha cidade bastante lineal. Adelaida está considerada como a terceira cidade de importancia en Australia, por detrás de Sydney e a capital, Canberra.

O territorio onde se asenta a cidade actual foi o fogar do pobo kaurna ata a chegada dos europeos. A provincia de Australia Sur foi oficialmente establecida o 28 de decembro de 1836, e a cidade foi fundada en 1837, e nomeada Adelaida en honra á Raíña Adelaida, a esposa do Rei Guillerme IV de Inglaterra. O coronel William Light, un dos "pais" da formación da cidade, deseñou a cidade e a súa localización estratéxica, cerca do río Torrens. Light deseñou Adelaida con grandes espazos, grandes prazas e parques e edificios fermosos.

Adelaida axiña se converteu na cidade das liberdades[Cómpre referencia], con liberdade de elixir relixión, progresismo político e liberdades civís, que liderou as grandes reformas mundiais. Hoxe en día, Adelaide é coñecida como a cidade da cultura en Australia, con moitos festivais, teatros… así como o viño da rexión, arte e deportes.

Centro dunha colonia pensada para inmigrantes libres, baseada na liberdade de relixión, atraeu a inmigrantes alemáns, xa no ano 1840 a cidade tiña 6 500 habitantes.

Economía

[editar | editar a fonte]
Edificio do Parlamento suraustraliano en Adelaida
Edificios de Adelaida
localización de Adelaida
Adelaida

Adelaida é o centro gobernativo, comercial e cultural de Sur Australia. Adelaida é o sitio de moitos gobernos e empresas financeiras. Moitos destas empresas e traballos concéntranse no centro da cidade, desde o Boulevard Cultural de North Terrace ata os distritos financeiros da cidade.

A economía está baseada na industrias (materiais de construción, manufactura de compoñentes eléctricos, fabricación de automóbiles e refinado de petróleo). Produce cereais, la, froita e viño.

O seu urbanismo foi moi coidado, cos distritos residenciais separados da área comercial polo río Torrens. Destacan amplas rúas como King Willian e North Terrace, e belísimos edificios como o do Parlamento, a sede do Goberno, a Catedral Católica, as universidades, o Observatorio, o Museo e a Galería de Arte.

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

Ten 6 canles de televisión, 9 estacións de radio e 2 xornais.

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Adelaida (Australia) 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. «Adelaida». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 51. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]