[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Acapulco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAcapulco
Acapulco de Juárez (es) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 16°51′46″N 99°53′13″O / 16.8628695, -99.8870087
EstadoMéxico
Estado federadoEstado de Guerrero
ConcelloAcapulco de Juárez Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación673.478 (2010) Editar o valor en Wikidata (358,12 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.880,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude30 m-18 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1520 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
12 de abril de 1813Siege of Acapulco (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónNossa Senhora da Soledade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39300–39937 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico744 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Atami
Manta
Bandar Torkaman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 26+

Páxina webacapulco.gob.mx Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453432

Acapulco de Juárez é unha cidade do estado de Guerrero, México, ten 638 000 habitantes , é o principal porto da costa sur oeste mexicana, bañada polo océano Pacífico, e un dos destinos turísticos máis importantes do mundo. A voz acapulco procede do náhuatl e quere dicir, o lugar das canas. En 1873 engadiuse de Juárez ó nome da cidade como homenaxe ao presidente Benito Juárez, aínda que non se emprega popularmente. Ademais é un municipio no Estado de Guerrero, en México. Limita coas municipalidades de Juan R. Escudero, Coyuca de Benitez, San Marcos e con Chilpancingo. A súa área é de 1.724,64 km², e a súa poboación era de 673.479 habitantes en 2010. A cabeceira municipal é Acapulco.[1]

Época prehispánica

[editar | editar a fonte]
Códice Tudela: "Yndio Yope de Acapulco, en el Mar del Sur"

No século XI houbo novas vagas de inmigracións náhuatl, coixcas procedentes de Aztlán no norte do país.

O anfiteatro da baía estivo habitado dende o 3000 a. C. e os primeiros asentamentos formais déronse no século XIII da nosa era por diversas tribos olmecas que habitaron Tambuco (entre Playa Larga e Cerro de la Aguada) e Icacos (entre o cerro El Guitarrón, Punta Bruja e o Farallón del Obispo).[Cómpre referencia] Na praia Hornos, Pie de la Cuesta e Tambuco, encontráronse obxectos de cerámica e pedra tallada de orixe maia que demostran os achados arqueolóxicos.

Durante o reinado de Ahuizotl, tras unha campaña militar de catro anos, Acapulco pasou a formar parte do Imperio Azteca, anexado á provincia tributaria de Tepecuacuilco, aínda que só transitoriamente e como unha rexión de administración militar non consolidada, pois estaba dentro do territorio dos Yopes, quen habitaron e defenderon a rexión ata a chegada dos españois.

Época virreinal

[editar | editar a fonte]
Vista de Acapulco en 1628 polo enxeñeiro holandés Adrián Boot.

En 1521 consumada a conquista de México-Tenochtitlán, Hernán Cortés enviou diversas expedicións ao sur co obxecto de localizar vetas de ouro. O 25 de abril de 1528 por orde do rei Carlos I de España, Acapulco pasou ao poder directo da coroa tomando o nome de «Cidade dos Reis» .[2]

Foi fundada por Antonio de Mendoza e Pacheco, primeiro vicerrei da Nova España ao designar ao primeiro alcalde e Fernando de Santa Ana levou a 29 familias españolas que proviñan da Cidade de México, para colonizala no ano de 1550.[3] Con todo, non foi ata o 17 de novembro de 1599 cando o rei Carlos II de España ascendeu a Acapulco a rango de cidade.[4]

En ti xúntase España coa China,

Italia con Xapón, e finalmente

Un mundo enteiro en trato e disciplina.
Referencia en Grandeza Mexicana (1601) de Bernardo de Balbuena, incidindo sobre a hexemonía do mercado de Acapulco como distribuidor de orden mundial (sic)[5]

Pouco despois, por encargo da Realeza Española, Frei Andrés de Urdaneta cruzou o océano Pacífico desde o arquipélago de Filipinas coa finalidade de atopar a mellor ruta, que por máis de 250 anos comunicaría ás colonias asiáticas españolas coa Península Ibérica. De aí xorde a famosa e equivocamente nomeada "Nao de China", que en realidade era un barco tipo galeón e que partía desde Acapulco e facía o tornaviaxe desde Filipinas. Frei de Urdaneta describe a Acapulco como un porto "Grande, seguro, moi saudable e dotado de boa auga". De 1571 a 1815, Acapulco convertíase unha vez ao ano e durante case dous meses, no punto de comercio máis activo e dinámico da Nova España, superando mesmo ao porto de Veracruz. En 1697, a poboación do porto triplicábase durante os días que chegaban os galeóns cargados de belas novidades de oriente, como: China, Xapón, Ceilán, Damasco.

Ao longo da historia do porto, fixéronse propostas frecuentes para cambiar a terminal de Acapulco a outro porto. A razón era que se buscaba maior accesibilidade á cidade de México, mellores condicións de clima, e outras vantaxes. As propostas máis serias deste tipo foron para transferir a terminal a San Blas ou a Baía de Banderas na costa de Xalisco. Como as provincias do noroeste do vicerreinado volvéronse máis poboadas no século XVIII, a idea de trasladar a terminal do Galeón a un porto do norte tomou forza. Isto deuse particularmente desde o establecemento do Departamento de San Blas. Este porto incrementou a súa importancia debido á súa posición como punto de partida para novas actividades ao longo da costa de California e partir de aí cara ao norte. Nas súas instrucións ao seu sucesor, o vicerrei Revillagigedo contendeu pola retención da terminal de Acapulco, pero o Marqués de Branciforte favoreceu a San Blas. Con todo, por eses tempos o comercio filipino entrou notoriamente en decadencia, e foi permitido que Acapulco mantivese a posición que ocupara ao longo de dous séculos por dereito de inercia oficial e polo seu incomparable porto.[6] Durante o seu tempo como porto principal no Pacífico e polas riquezas que albergaba, Acapulco foi obxecto de ataques por piratas e corsarios, o que motivou a súa fortificación. Isto levouse a cabo entre 1615 e 1617. Edificouse un forte e nomeouse San Diego en honra ao vicerrei Diego Fernández de Córdoba, I Marqués de Guadalcázar.[7]

O 28 de novembro de 1799. Carlos IV outorgoulle Cédula Real dándolle o título de cidade.

México independente

[editar | editar a fonte]

Co inicio da guerra de Independencia en 1810, iniciouse un proceso que poría fin á comunicación e comercio con Manila a través do porto de Acapulco. A idea de tomar o porto de Acapulco por parte dos insurxentes data de 1810, cando en Indaparapeo reuníronse Miguel Hidalgo y Costela e José María Morelos. O obxectivo de tomar o porto consistiu en romper a rede de comunicacións do vicerreinado, illar a costa do Pacífico e as Filipinas, interromper o sistema comercial, beneficiarse dos produtos do mercado asiático e establecer relacións con países estranxeiros. En novembro dese mesmo ano, Morelos organizou un continxente cuxo fin era tomar Acapulco. Ao chegar rodeárono para cercalo, cortaron toda comunicación por terra coa capital, incluído a subministración de alimentos. Desta maneira, interrompeuse a comunicación entre a Cidade de México coa costa do Pacífico, e polo tanto, coas zonas que este porto conectaba, como América do Sur, Central e Filipinas.

Entre 1810 e 1813 deuse un proceso de loita entre insurxentes e realistas que derivou na alteración das rutas de navegación do Pacífico. En ocasións, o forte de San Diego foi tomado polos insurxentes, noutras polos realistas. As feiras que regularmente se levaban a cabo pola chegada do Galeón interrompéronse. Unha consecuencia deste illamento do forte foi que en 1812 enviouse a orde á Nave de non chegar a Acapulco e dirixirse a San Blas, polo menos ata que non se pacificara a rexión. A feira levouse a cabo en Tepic, e só ata 1814 autorizouse que o Galeón de Manila chegase a Acapulco. A situación dexenerouse entre 1814 e 1820. O porto, que nestes anos estaba en poder dos insurxentes, foi esquecido por eles e non recibiu apoio nin subministracións. A tal grao chegou este descoido que Morelos, en 1814, chegou a anunciar o desmantelamento do porto. A pesar desta orde, o porto volveu caer en mans realistas e así se mantivo ata a culminación da guerra de Independencia en 1821.

Algúns cambios importantes neste período foron que o Galeón de Manila xa non desembarcou en San Blas, senón que volveu a Acapulco, que unha vez ao ano e durante case dous meses, era o punto de comercio máis activo e dinámico durante o vicerreinado, superando mesmo ao porto de Veracruz xa que a poboación do porto triplicábase durante os días que chegaban os galeóns cargados de belas novidades da China, Xapón, Ceilán e Damasco. Posteriormente, xa non regresaría a Nave, é dicir, o barco administrado polo goberno, senón embarcacións particulares que tiñan permiso para realizar comercio no porto. Por tanto, o último Galeón oficial foi o Magallanes en 1815.[8]

Trala consumación da independencia de México en 1821, Acapulco formou parte do estado de México. O 27 de outubro de 1849, ao crearse o estado de Guerrero, o porto pasou a formar parte del, como cabeceira do distrito de Tabares.

O porto sofre de carencias durante o período da Revolución e a finais do ano 1919, o Partido Obreiro de Acapulco gaña as eleccións por medio de Juan R. Escudero.

Séculos XX e XXI

[editar | editar a fonte]
Monumento aos caídos, en honor ás vítimas do Furacán Paulina.

En 1949, é inaugurada a avenida Costera Miguel Alemán, o paseo turístico do porto e máis tarde a principal arteria da cidade, o que marcaría o inicio do desenvolvemento da infraestrutura hoteleira de alto nivel no porto.[9] Na mesma época, encárgaselle á construtora Techo Eterno Eureka, do empresario Manuel Suárez y Suárez, a construción da estrada Escénica co fin de comunicar a avenida Costera Miguel Alemán coa estrada Cayaco-Puerto Marqués e a baía de Puerto Marqués; a vía serviría máis tarde para conectar o centro de Acapulco co Aeroporto Internacional General Juan N. Álvarez, construído en 1954. Entre os anos 1950 e 70, Acapulco foi o lugar favorito das vacacións dos chamados Jet set. Entre as personalidades destacan John F. Kennedy e a súa esposa Jacqueline, quen pasaron a súa lúa de mel en 1953,[10] así como a actriz estadounidense Elizabeth Taylor, quen contraeu matrimonio civil en 1957 co seu terceiro marido, Mike Todd.[11] Neste contexto, o porto serve de escenario para algunhas películas con proxección internacional como Lady from Shangai (1947), Tarzan and the Mermaids (1948) e Fun in Acapulco (1963), entre outras. A finais dos anos 1950, creáronse os fraccionamentos Las Brisas e Brisas Guitarrón, albergando as casas máis luxosas de empresarios e artistas tanto nacionais como internacionais.

Na madrugada do 9 de outubro de 1997 a cidade foi case destruída polo furacán Paulina o que provocou unha das maiores traxedias na rexión dos últimos 88 anos. Os informes oficiais deron conta de entre 200 e 500 mortos e preto de 10 000 damnificados.[12][13] Paulina produciu unhas precipitacións torrenciais récords en Acapulco de 411 mm acumulados en menos de 24 horas.

Entre o 14 e 16 de setembro de 2013, as chuvias provocadas pola tormenta tropical Manuel afectaron parcialmente o porto e deixaron a cidade incomunicada polas vías terrestre e aérea preto de cinco días, debido a que afectou gravemente a Autoestrada del Sol, a Estrada Federal 95, a Estrada Federal 200 e o Aeroporto Internacional General Juan N. Álvarez de Acapulco. Ata o 16 de setembro, informouse da morte de 24 persoas no concello e danos por inundacións en 17 colonias, a maioría delas localizadas en zona Diamante.[14]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada na costa sur de México cara ó pacífico, está exposta ó furacáns, como amosa o que o Furacán Otis, de forza 5 e o peor que lembra a historia de México, aterrase na súa veciñanza en 2023.[15]

Demografía

[editar | editar a fonte]

No 2023 a poboación da aglomeración de Acapulco achegábase ó millón de persoas.[15]

Economía

[editar | editar a fonte]
  1. Monografia municipal de Acapulco de Juárez Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. "Historia De Acapulco". 3 de setembro de 2011: 7. Consultado o 19 de marzo de 2013. 
  3. viajesenmexico (ed.). "Historia de Acapulco" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2015. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  4. Acapulco.com (2012). "Historia de Acapulco". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  5. Sanz Camañanes, Porfirio, 2004, Las Ciudades en la América hispana: siglos XV al XVIII, Sílex Ediciones, ISBN 978-84-7737-135-9
  6. Lytle Schurz, William. The Manila Galeon. New York, E. P. Dutton & Co. Inc., 1939, p. 371.
  7. Ceaa (ed.). "El Fuerte de San Diego, el Galeón de Manila y los insurgentes de Morelos: Acapulco 1810 – 1821" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  8. "Consultado o 13 de marzo do 2011." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  9. ESCUDERO, Francisco R. (1997). "IV: Los porteños se organizan: la calzada Costera". Origen y evolución del turismo en Acapulco (en castelán). Acapulco. p. 186. 
  10. Ana Dávila (2012). "La historia de amor de John F. Kennedy y Jackie" (en castelán). Quién.com. Consultado o 7 de febreiro de 2013. 
  11. Gustavo Heredia (2011). "La historia de Elizabeth Taylor con México" (en castelán). AOL Latino. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2013. Consultado o 7 de febreiro de 2013. 
  12. Instituto de Geografía de la Universidad Nacional Autónoma de México (1998). "Algunos efectos de la precipitación del huracán Paulina en Acapulco, Guerrero" (PDF) (en castelán). Lucía Guadalupe Matías Ramírez. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 21 de xullo de 2008. 
  13. Church World Service (1997). ReliefWeb, ed. "Situation Report Hurricane Pauline" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 9 de xaneiro de 2007. 
  14. Laura Reyes (2013). "La tormenta 'Manuel' deja incomunicado al puerto de Acapulco" (en castelán). cnn.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  15. 15,0 15,1 "Earth from Space: Hurricane Otis". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-12-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]