Ansu Fati
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 2002 (22 anos) Bissau | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Herrera (2008–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grupo étnico | Afro-Spaniard (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Islam | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 18 de setembro de 2017 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anssumane Fati Vieira (Bisáu, Guinea-Bisáu, naceu o 31 de outubro do 2002), coñecido como Ansu Fati, é un futbolista bisauguineano nacionalizado español. Xoga como dianteiro no Fútbol Club Barcelona da Primeira División de España e é internacional coa selección española.
Foi considerado por Eurosport como un dos novos talentos do mundo do fútbol no ano 2020.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Ansu Fati trasladouse con seis anos, xunto coa súa familia, á localidade sevillana de Herrera. Alí comezou a xogar ao fútbol nas filas da Escola Peloteros Serra Sur e o C. D. F. Herrera ata que, en 2010, incorporouse ao Sevilla Fútbol Club. En 2012, tras dous anos na canteira hispalense, decidiu marcharse ao Fútbol Club Barcelona para xogar no seu equipo alevín.[2][3][4][5]
O 13 de decembro do 2015, nun partido co Infantil A fronte ao R. C. D. Espanyol, sufriu unha grave fractura de tibia e peroné na súa perna dereita que o tivo dez meses sen poder xogar.[6][7]
F. C. Barcelona
[editar | editar a fonte]O 24 de xullo do 2019 asinou o seu primeiro contrato profesional co F. C. Barcelona, que incluía unha cláusula de rescisión de cen millóns de euros e tería unha duración de tres anos máis outros dous opcionais.[8] Tiña ficha no equipo xuvenil, o 25 de agosto do 2019 converteuse no segundo xogador máis novo, tras Vicenç Martínez Alama, en debutar no persoal do primeiro equipo aos 16 anos e 298 días. Ansu Fati substituíu no minuto 78 a Carles Pérez no triunfo por 5 a 2 ante o Real Betis, no Camp Nou, correspondente á segunda xornada de Liga.[9]
O seu primeiro gol como profesional anotouno o 31 de agosto no empate 2-2 ante o Club Atlético Osasuna, cando só levaba cinco minutos no terreo de xogo do Sadar.[10] Co seu tanto, converteuse no futbolista máis novo de toda a historia do Barça en marcar en Primeira División, con 16 anos e 304 días de idade, e no terceiro xogador mais novo na historia da liga, por detrás de Fabrice Olinga e Iker Muniain.[11] Dúas semanas despois debutou como titular na Liga no Camp Nou, marcando o 1-0 no minuto 2 e asistindo para o 2-0 ante o Valencia C. F. nun partido que acabou 5-2 a favor do conxunto catalán.[12] A súa precocidade continuou o 17 de setembro cando se converteu no xogador máis novo do club catalán en debutar na liga de Campións da UEFA nun partido de fase de grupos fronte ao Borussia Dortmund.[13] Ao cumprir os 17 anos, Ansu xa disputara 7 partidos oficiais co primeiro equipo, sumando un total de 282 minutos cunha bagaxe de 2 goles e unha asistencia.[14]
O 4 de decembro de 2019 o conxunto barcelonés anunciou a mellora do seu contrato até o 30 de xuño de 2022, coa posibilidade de prolongalo dous anos máis, e un aumento da cláusula de rescisión a 170 millóns de euros, que se ampliaría a 400 unha vez asinase o seu primeiro contrato como xogador do primeiro equipo, ademais de pasar a ter ficha co filial.[15] Seis días despois, o 10 de decembro, anotou o gol da vitoria do seu conxunto ante o Inter de Milán por 1 a 2, e converteuse así no goleador máis novo na historia da liga de Campións con 17 anos e 40 días.[16]
Tamén foi o futbolista máis novo en debutar nunha competición, a Supercopa de España, no partido do 9 de xaneiro do 2020 fronte ao Atlético de Madrid ao disputar os últimos dous minutos da derrota por 2-3 en semifinais.[17] Un mes despois, o 2 de febreiro, anotou un dobre na vitoria 2-1 ante o Levante Unión Deportiva e converteuse no xogador máis novo da historia da liga en logralo.[18] O 5 de xullo do 2020 anotou o definitivo 1-4 na vitoria ante o Vilarreal C. F., gol que foi o número 9000 en partido oficial na historia do club.[19] Dúas semanas despois marcou o primeiro na goleada do Barcelona por 0-5 sobre o Deportivo Alavés en Mendizorroza, o seu sétimo gol na liga 2019-20.[20]
O 23 de setembro foi confirmado coa ficha do primeiro equipo, lucindo o dorsal 22 e pasando a ter unha cláusula de rescisión de 400 millóns de euros como se acordou na súa anterior renovación do contrato.[21] Catro días despois iniciou a tempada 2020-21 marcando dous goles, os dous primeiros, e provocando un penalti na vitoria ante o Vilarreal C. F. por 4-0.[22] O 1 de outubro abriu o marcador na vitoria do Barça 0-3 sobre o R. C. Celta de Vigo na 4.ª data da liga 2020-21.[23] O 20 de outubro anotou na goleada por 5-1 sobre o Ferencváros T. C. en Liga de Campións e converteuse no primeiro menor de 18 anos en meter dous tantos na máxima competición continental.[24]
O 24 de outubro converteuse no xogador máis novo en marcar no Clásico, no minuto 8 no Camp Nou, igualando o partido 1-1.[25] Con este gol, ademais, converteuse no xogador que máis goles marcara na historia da liga sendo menor de idade, igualando a marca de José Iraragorri.[26] O 7 de novembro sufriu unha lesión de xeonllo contra o Real Betis Balompé e foi substituído no descanso; as probas posteriores confirmaron que se desgarrara o menisco do xeonllo esquerdo.[27] Dous días despois foi operado e o club anunciou que estaría fóra durante aproximadamente catro meses.[28]
O proceso de recuperación foi máis lento do previsto e acabou perdendo o que restaba de tempada, recibindo alta médica o 25 de setembro de 2021.[29] Ao día seguinte volveu xogar e marcou un gol despois de case 11 meses lesionado, pechando a vitoria por 3-0 sobre o Levante U. D. en Liga.[30] Un mes despois da súa volta ás canchas renovou o seu contrato até o 30 de xuño de 2027 cunha cláusula de rescisión de 1000 millóns de euros.[31] O 2 de novembro anotou o único gol na vitoria sobre o Dynamo de Kíiv na liga de Campións que colocaba ao equipo na segunda posición do grupo.[32]
Sub-21
[editar | editar a fonte]A súa precocidade foi extensible á súa carreira na selección nacional, xa que o 10 de outubro do 2019 a FIFA daba autorización á Federación Española para poder convocalo e só un día despois, o seleccionador da sub-21, Luís de la Fuente, chamouno para cubrir a baixa por lesión do seu entón compañeiro no F. C. Barcelona, Carles Pérez.[33][34] O 15 de outubro de 2019 converteuse no segundo xogador máis novo en xogar coa selección sub-21 de España tras substituír a Marc Cucurella no minuto 79 da vitoria de España por 0-2 ante Montenegro en partido correspondente á clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 2021.[35]
Absoluta
[editar | editar a fonte]O 20 de agosto de 2020 foi convocado por primeira vez coa selección absoluta para os partidos da liga das Nacións da UEFA Alemaña e Ucraína.[36]O 3 de setembro debutou no encontro ante a selección de Alemaña substituíndo no descanso a Jesús Navas e converténdose así no segundo xogador máis novo, con 17 anos e 308 días, e o número 800 en xogar coa selección.[37]Tres días máis tarde foi titular ante Ucraína, logrando un gol co que se converteu no goleador máis novo na historia da selección con 17 anos e 311 días, superando a marca que mantiña Juan Errazquin desde 1925.[38]
Goles internacionais
[editar | editar a fonte]N.º | Data | Estadio | Rival | Gol | Resultado | Competición |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 de setembro de 2020 | Estadio Alfredo Dei Stéfano, Madrid, España | Ucraína | 3-0 | 4-0 | Liga das Nacións da UEFA 2020-21 |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]Actualizado ao último partido disputado o 6 de novembro de 2021.
Club | Div. | Tempada | Liga | Copas nacionais[1] |
Copas internacionais[2] |
Total[3] | Media goleadora | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Asist. | Part. | Goles | Asist. | Part. | Goles | Asist. | Part. | Goles | Asist. | ||||
F. C. Barcelona España |
1.ª | 2019-20 | 24 | 7 | 1 | 4 | – | – | 5 | 1 | – | 33 | 8 | 1 | 0.24 |
2020-21 | 7 | 4 | – | – | – | – | 3 | 1 | 2 | 10 | 5 | 2 | 0.5 | ||
2021-22 | 5 | 3 | – | 2 | 1 | – | 3 | 1 | – | 10 | 5 | 0 | 0.5 | ||
Total club | 36 | 14 | 1 | 6 | 1 | 0 | 11 | 3 | 2 | 53 | 18 | 3 | 0.34 | ||
Total carreira | 36 | 14 | 1 | 6 | 1 | 0 | 11 | 3 | 2 | 53 | 18 | 3 | 0.34 | ||
Goles en competición internacional
[editar | editar a fonte]Goles en Liga de Campións | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Resultados | Estadio | Data | Tempada | Goles | |||||||
Internazionale | 1 | 2 | Barcelona | Estadio Giuseppe Meazza, Milán, Italia | 10 de decembro de 2019 | 2019-20 | |||||
Barcelona | 5 | 1 | Ferencvárosi | Camp Nou, Barcelona, España | 20 de outubro de 2020 | 2020-21 | |||||
Dinamo Kíiv | 0 | 1 | Barcelona | Estadio Olímpico de Kíiv, Kíiv, Ucraína | 2 de novembro de 2021 | 2021-22 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa do Rei | F. C. Barcelona | España | 2021 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Premio NxGn ao mellor futbolista novo do mundo | 2021[39] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Top 30 Talents: The best young players in the world (10-1) - Eurosport".
- ↑ "El Sevilla paga cara LaLiga Promises: saqueado por el Barça y el Madrid... otra vez". 25 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Ansu Fati, la perla culé que se crio en Marinaleda gracias a Sánchez Gordillo". 25 de agosto de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2019.
- ↑ "Descalzo y en bañador: así fueron los inicios de Ansu Fati, la nueva perla del Barça". 26 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ "La historia de Ansu Fati". 26 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ "Anssumane Fati se rompe la tibia y el peroné". 13 de decembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ "Anssumane Fati, el regreso más esperado en la Masía". 16 de setembro de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ "Ansu Fati: “Soy feliz por seguir tantos años en el Barça”". 24 de xullo de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ Arguedas, Marcela Aguilar (27 de agosto de 2019). "Ansu Fati, el adolescente al que abrazó efusivo Messi". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ "Ansu Fati evita la tragedia". 31 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ "Ansu Fati, el goleador más joven del Barça en la Liga". 31 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ López, Marcos (15 de setembro de 2019). "El descomunal impacto de Ansu Fati". Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ "Ansu Fati, el debutante más joven de la historia del Barça en la Champions". 17 de setembro de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2019.
- ↑ "Ansu Fati: un cumpleaños muy especial". Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ "El FC Barcelona mejora el contrato y amplía la cláusula de Ansu Fati". 4 de decembro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2019.
- ↑ "Ansu Fati se convierte en el goleador más joven de la historia de la Champions". 10 de decembro de 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ "Ansu Fati se convirtió en el jugador más joven en debutar en la Supercopa". 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Ansu Fati, el más joven de la historia en conseguir un doblete en Liga". 2 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2020.
- ↑ "El Barça llega a los 9.000 goles". 5 de xullo de 2020. Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "Séptimo gol de Ansu Fati en la Liga y récord de asistencias de Messi (21)". 19 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Ansu Fati pasa a formar parte del primer equipo y lucirá el dorsal '22'". 23 de setembro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2020.
- ↑ "Un huracán llamado Ansu Fati arrasa al Villarreal". 27 de setembro de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2020.
- ↑ "Ansu Fati repite gol y ya está en el grupo de Pichichis". 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Ansu marca y ya es el primero con dos goles en Champions antes de los 18 años". 20 de outubro de 2020. Consultado o 20 de outubro de 2020.
- ↑ "Ansu Fati se estrena como goleador y ya es el más precoz en los Clásicos". 24 de outubro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2020.
- ↑ "Ansu Fati iguala el récord de máximos goleadores en LaLiga menores de 18 años". 24 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2020.
- ↑ "Ansu Fati, amb una lesió al genoll esquerre" (en catalán). 7 de novembro de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Ansu Fati estará unos cuatro meses de baja". 9 de novembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "Ansu Fati, novedad en la lista de convocados". 25 de setembro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021.
- ↑ "¡Ansu Fati vuelve a jugar y marcar con el Barça!". 26 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro.
- ↑ "Ansu Fati: azulgrana hasta 2027". 20 de outubro de 2021. Consultado o 20 de outubro de 2021.
- ↑ "Ansu empuja al Barça a soñar con lo octavos". 2 de novembro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2021.
- ↑ Moñino, Ladislao J. (10 de outubro de 2019). "Ansu Fati ya puede ser convocado con la selección española". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ "Ansu Fati, convocado por España". 11 de outubro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ "Ansu Fati, el segundo más joven en debutar con la Sub-21". 15 de outubro de 2019. Consultado o 15 de outubro de 2019.
- ↑ "Ansu Fati, Eric García y Óscar Rodríguez encabezan una lista repleta de caras nuevas". 20 de agosto de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ "Ansu Fati hace su debut con España". 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020.
- ↑ "Ansu Fati se convierte en el goleador más joven de la historia de España". 6 de setembro de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2020.
- ↑ "Ansu Fati gana el premio NxGn 2021 al mejor jugador joven del mundo". estadiodeportivo.com. 23 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.