Anita Delgado
Nome orixinal | Anita Delgado Briones |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1890 Málaga, España |
Morte | 7 de xullo de 1962 (72 anos) Madrid, España |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | bailarina |
Profesores | Ángel Pericet Carmona (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Jagatjit Singh I of Kapurthala |
Fillos | Prince Ajit Singh of Kapurthala |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Anita Delgado Briones, nada o 8 de febreiro de 1890 en Málaga e finada o 7 de xullo de 1962 en Madrid, foi unha bailaora e cantaora andaluza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao pouco de facer os 16 anos, a súa familia emigrou a Madrid, onde actuaría en cafés coa súa irmá Victoria, baixo o nome artístico de "Las Camelias". Os pintores Julio Romero de Torres e Ricardo Baroja pedíronlle pousar como modelo para eles, mais Anita rexeitou a oferta por ter apenas 16 anos.
O Maharaxá Sir Jagatjit Singh Bahadur de Kapurthala, que estaba en Madrid como convidado á voda do rei Afonso XIII, asistiu á súa actuación nun café-concerto. Tentou cortexala, mais ela rexeitou os seus avances e desistiu despois do atentado anarquista de Mateo Morral contra a parella real o 31 de maio de 1906. Máis tarde porén, os seus amigos Romero de Torres, Ramón del Valle-Inclán e Pastora Imperio persuadírona de responder as súas mensaxes e reencontrarense en París.
El facilitoulle unha educación, mesmo aprendéndolle francés e inglés. Casou con ela en Kapurthala o 28 de xaneiro de 1908 polo rito sikh. Logo do casamento, ela adoptou o nome de Rani Prem Kaur Sahiba. Pouco despois, o 26 de abril de 1908, naceu o seu primeiro fillo co Maharaxá, o Maharajkumar Ajit Singh Sahib Bahadur, quen sería educado na Universidade de Cambridge e na Academia Militar Dehra Dun, para chegar a ser Asistente do Comisario de Comercio Indio na Arxentina antes de morrer en 1982. Posteriormente viaxarían por Europa e a India. Ela escribiu un libro sobre esta época intitulado "Impresiones de mis viajes a las Indias". Durante a 1ª Guerra Mundial o seu home traballaría en hospitais británicos e franceses.
Cando separaron en 1925, Anita ficou en París co fillo. Finou o 7 de xullo de 1962 en Madrid.
No cinema
[editar | editar a fonte]Había un proxecto para que no 2006 se comezase a rodar un filme sobre a vida de Anita co título La princesa de Kapurthala protagonizada por Penélope Cruz.
Porén, un bisneto de Jagatjit Singh, Tika Shatrujit Singh, opúxose á rodaxe, pois consideraba que a novela de Javier Moro, na que se baseaba o filme, distorsionaba a verdade, especialmente ao respecto dun presunto aborto ao que o Maharaxá a obrigara a se someter.[1]
Na Literatura
[editar | editar a fonte]- Javier Moro. Pasión india. (2005) Editorial Seix Barral ISBN 84-322-9663-5
- Manuel Ocón Dueñas. Anita Delgado. (1986). Editorial Arguval
- Elisa Vázquez de Gey. Anita Delgado: Maharaní de Kapurthala (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Planeta. 1998. ISBN 84-08-02440-X.
- Elisa Vázquez de Gey. El sueño de la Maharaní (en castelán). Random House Mondadori. 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cárdenes, Ana (7 de setembro de 2006). "Los maharajás de Kapurthala se querellarán contra un proyecto cinematográfico de Penélope Cruz". elmundo.es (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2018..