[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Anglada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anglada, Fábrica de Bicicletas e Automóbiles
Fundación1902
Disolución1905
LocalizaciónCádiz
Persoas claveFrancisco Anglada y Gallardo
IndustriaTransporte
editar datos en Wikidata ]

Anglada, Fábrica de Bicicletas e Automóbiles, máis coñecido como Anglada, foi un fabricante español de automóbiles. Estaba localizado en El Puerto de Santa María en Cádiz, Andalucía, e estivo operativo entre 1902 e 1905.

A compañía, fundada por Francisco Anglada y Gallardo, fabricaba coches de luxo de forma individual e por pedido. Os modelos eran ou ben dun cilindro ou ben de catro cilindros con potencias de entre 6 e 36 CV.

Anglada é coñecida actualmente por producir o primeiro coche español comprado polo rei Afonso XIII, que comprou un coche de 24 CV da compañía en 1904. Aínda que a aristocracia española comprou algunhas unidades, Francisco Anglada abandonou pronto a produción debido a problemas económicos, e posteriormente abriu un taller de automóbiles en Madrid. Francisco Anglada morreu en 1917.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]