Angelo Moratti
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1909 Somma Lombardo, Italia (pt) |
Morte | 12 de agosto de 1981 (71 anos) Viareggio, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, empresario |
Familia | |
Fillos | Gian Marco Moratti, Bedy Moratti, Massimo Moratti |
Premios | |
Angelo Moratti, nado en Somma Lombardo, Varese, o 5 de novembro de 1909 e finado en Viareggio, Lucca, o 12 de agosto de 1981, foi un empresario do petróleo e dirixente deportivo italiano. Foi propietario do Inter de Milán entre 1955 e 1968.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Fundou dende a década de 1930 varias empresas dedicadas aos sectores do petróleo, a minaría e a produción de enerxía eléctrica. En 1962 fundou Saras S.p.A., unha corporación multinacional enerxética dedicada ao refinamento de petróleo, comercialización, transporte e xeración de enerxía.[2]
En 1955 converteuse no propietario e presidente do Inter de Milán, club de fútbol da Serie A.[1] Baixo a súa presidencia, e con Helenio Herrera como adestrador, o Inter viviu unha época de éxitos, converténdose no mellor club do mundo e recibindo o alcume de Grande Inter. Conquistou tres ligas, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.[3][4] Foi o segundo presidente con máis títulos da historia do club, só por detrás do seu propio fillo, Massimo, que foi propietario do Inter entre 1995 e 2004 e entre 2006 e 2013.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "One hundred years ago". One hundred years ago (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2010. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "Saras SpA". Reuters (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Inter, i 10 presidenti nerazzurri che hanno vinto trofei" (en italiano). 28 de outubro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2022.
- ↑ "La leggenda della Grande Inter". inter.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Angelo Moratti en Treccani (en italiano).