[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andrea Bocelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrea Bocelli

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Lajatico, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pisa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lajatico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor de cancións, compositor, pianista, guitarrista, saxofonista, avogado, produtor musical, cantante de ópera, cantautor, trompetista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoÓpera, música pop e pop operático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz, Trombón, trompeta, Saxofón, frauta travesa, guitarra e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDecca Records
Universal Music Group
PolyGram Editar o valor en Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMatteo Bocelli, Virginia Bocelli Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webandreabocelli.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004765 Allocine: 38198 Rottentomatoes: celebrity/andrea_bocelli Allmovie: p289594 Metacritic: person/andrea-bocelli
Facebook: AndreaBocelliOfficial Twitter: andreabocelli Instagram: andreabocelliofficial MySpace: andreabocelli Youtube: UCb4JB8-ZAeceuR7EPCPOPzg BNE: XX1327621 Souncloud: andreabocelli Spotify: 3EA9hVIzKfFiQI0Kikz2wo iTunes: 217015 Last fm: Andrea+Bocelli Musicbrainz: c5a0a216-c33c-42dc-92b8-4b60236f8dad Songkick: 475292 Discogs: 318300 Allmusic: mn0000751613 WikiTree: Bocelli-1 Deezer: 3201 Genius: Andrea-bocelli Editar o valor en Wikidata

Andrea Bocelli, nado en Toscana, o 22 de setembro de 1958, é un tenor italiano e un dos cantantes de ópera máis famosos do mundo. Desde 1994 vendeu máis de 70 millóns de álbums no mundo, máis que calquera outro artista da música clásica.[1]

Durante a súa carreira, gravou duetos con cantantes de ópera como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, e José Carreras, pero tamén cantantes de música pop como Christina Aguilera, Stevie Wonder, Laura Pausini e Céline Dion.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 22 de setembro de 1958 en Lajatico, un vila da campiña Toscana. Empezou a estudar piano e posteriormente frauta e saxofón. Andrea Bocelli naceu con glaucoma conxénito que o deixou parcialmente cego. Á idade de 12 anos, por mor dun golpe na cabeza durante un partido de fútbol, a cegueira fíxose total. Decidido a non deixar que isto destruíse a súa carreira, seguiu adiante. A súa paixón pola música levouno a ofrecer pequenas actuacións en celebracións familiares. Ao terminar a escola media, inscribiuse na Universidade de Pisa, chegando a licenciarse en Dereito, sen deixar a música, ao compatibilizar as clases de dereito coas clases de canto que recibiu do mestre e gran tenor italiano Franco Corelli. Tamén actuou en numerosos locais, o que lle permitiu perfeccionar a súa técnica vocal, e nesa época, en 1987, foi cando coñeceu a Enrica Cenzatti, con quen casaría.

En 1992 Bocelli colaborou con Zucchero Fornaciari, que estaba a preparar con Luciano Pavarotti a gravación da peza Miserere, que logo integraría no álbum homónimo, e así Zucchero envioulle a demo a Pavarotti, que quedou impresionado, Pavarotti gravou a canción pero na xira europea de Zucchero deixou que Bocelli cantase a canción, con grande éxito. O produtor discográfico Michele Torpedine fíxose cargo da carreira de Bocelli e asinou un contrato con Sugar Music de Caterina Caselli[2].

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. SINGING sensation Susan Boyle is to perform a TV duet with opera legend Andrea Bocelli
  2. "√ Rockol - la musica online è qui - Novità Musicali". Rockol. 18 agosto 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]