[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Androides (Dragon Ball)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Androides (人造人間 Jinzō Ningen?, Home feito polo home ou home artificial) son un grupo de personaxes no anime e manga Dragon Ball creados polo Doutor Guero. Teñen aspecto semellante ós humanos, pero son considerablemente máis poderosos. Certos Androides creados polo Doutor Guero están mesmo ó nivel de habilidade que un guerreiro do espazo. Tódolos androides teñen o símbolo da Red Ribbon xa que o seu creador é un dos superviventes cando foi atacada por Son Goku.

Características

[editar | editar a fonte]

Na versión orixinal xaponesa, a palabra "jinzō'ningen" é empregada para referirse ás creacións do Doutor Guero. A súa tradución literal é Home feito polo home, e é xeralmente o termo comunmente empregado na ciencia ficción xaponesa para robot, androide ou cyborg.

As creacións do Doutor Guero pódense separar en dous tipos: Primeiro os Androides, C-16, C-19 e C-20, este último controlado polo cerebro do mesmo doutor; e os chamados bio-androides, C-17 e C-18, que en realidade son cyborgs e Célula.

Isto, contribuíu a equivocación entre os fans, que consideraban a C-17 e C-18 androides, cando de feito son cyborgs. Está indicado no manga que ámbolos dous están feitos a partir dunha base humana, con realmente moi poucas melloras cibernéticas. Isto é explicado máis tarde a Goku durante a saga do Torneo de Artes Marciais en Dragon Ball Z cando el quedou sorprendido ó oír que Krilín e C-18 casaran. (El non estaba alí cando Toranks fixo a explicación inicial).

No filme Os tres grandes superguerreiros aparecen outros tres androides numerados C-13, C-14 e C-15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]