[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Antonov An-14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonov An-14
Tipotransporte
FabricanteAntonov
Primeiro voo15 de marzo de 1958
Introducido1966
Estadoactivo
Unidades construídas332

O Antonov An-14 Pchelka (ruso: «Пчелка», "pequena abella") (designación da OTAN: Clod) é un avión utilitario soviético que voou por vez primeira o 15 de marzo de 1958. É un lixeiro avión STOL de transporte con dous motores radiais de pistóns Ivchenko AI-14RF. A produción en serie comezou en 1966, e fabricáronse ao redor dos 300 exemplares ata o seu cesamento en 1972. O An-14 fracasou no seu intento de substituír o máis exitoso biplano Antonov An-2, fabricado ata 1990 (aínda que se seguen fabricando pedidos especiais). O sucesor do An-14, o Antonov An-28 equipado con motores turbohélice, aínda segue producíndose nas fabricas de PZL Mielec en Polonia, baixo os nomes PZL M28 Skytruck e PZL M28B Bryza.

Cunhas características de voo moi estables, o An-14 pode ser pilotado por calquera tras unhas poucas horas de adestramento básico. Un pequeno númeor de An-14 atópanse aínda en condicións de voo.