[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Asociación de Nacións do Sueste Asiático

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ASEAN»)

Asociación de Nacións do Sueste Asiático
AcrónimoASEAN, အာစီယံ, АСЕАН, アセアン, 东盟, 東協, 亚细安, 東盟, 東盟, 東盟, אסיאן, 아세안, ANASE, АСЕАН, ΕΧΝΑ, آسه‌آن, أسيان, ஆசியான், ఆసియాన్, آسیان, អាស៊ាន, ອາຊຽນ, ආසියාන්, ਆਸੀਆਨ, АСЕАН, АСЕАН e ANASO
Tipoorganización intergobernamental, grupo xeopolítico, organización rexional e Confederación
Área de operaciónSueste asiático, Asia Oriental e Asia Meridional
Data de fundación8 de agosto de 1967
Fundador(es)Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur, Tailandia, Taiwán, Myanmar, Laos, Brunei, Camboxa, Corea do Norte, Corea do Sur, Xapón, India, Sri Lanka, Bangladesh, Nepal, Bután, Paquistán e Afganistán
Nº de membros20 (2024) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaASEANstats
PremiosPrêmio Ramon Magsaysay
SedeSouth Jakarta
Enderezo70A Jalan Sisingamangaraja, Jakarta 12110
Na rede
https://asean.org
Facebook: aseansecretariat Twitter: ASEAN Instagram: asean LinkedIn: the-asean-secretariat Youtube: UCOp9ttykdbVr6MEkLJ4ZaJQ Flickr: 65679481@N07 BNE: XX112913 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (inglés: Association of Southeast Asian Nations ou ASEAN)[n. 1] é unha organización intergobernamental de estados do sueste asiático creada o 8 de agosto de 1967 por cinco países: Tailandia, Indonesia, Malaisia, Singapur e Filipinas, co propósito de fomentar a cooperación e asistencia entre os estados membros. Na actualidade está integrada por 10 países da rexión do sueste asiático; xa que os cinco primeiros posteriormente uníronselles Brunei (1984), Vietnam (1995), Laos (1997) Myanmar (1997) e Camboxa (1999). Papúa Nova Guinea ten status de observador.

  1. De acordo co diario dixital Expansión (Datos Macro), habítana uns 646 millóns de persoas e o seu PIB anual é de 2,45 billóns de euros,[4] aínda que outras fontes apuntan a un PIB de 5,7 billóns de dólares.[5]

Os principais obxectivos da ASEAN son: acelerar o crecemento económico e fomentar a paz e a estabilidade rexional. A ASEAN estableceu un foro conxunto con Xapón, sostén un acordo de cooperación coa Unión Europea (UE), e iniciou conversacións para a cooperación comercial oficial con Unión Económica Euroasiática (UEE).[6] A súa sede principal atópase en Iacarta.

A ASEAN tamén se relaciona regularmente con outros países da rexión Asia-Pacífico e de fóra dela. Como socio principal da Organización de Cooperación de Shanghái, a ASEAN mantén unha rede global de alianzas e socios de diálogo e é considerada por moitos como unha potencia mundial,[7][8] a unión central para a cooperación en Asia-Pacífico, e unha organización prominente e influente. Participa en numerosos asuntos internacionais e alberga misións diplomáticas en todo o mundo.[9][10][11][12]

En novembro de cada ano os países membros celebran unha xuntanza.

Fundación

[editar | editar a fonte]

A antecesora da ASEAN foi a Asociación do Sueste Asiático (ASA), constituída o 31 de xullo de 1961 e integrada por Tailandia, Filipinas e a Federación Malaia.[13][14] A ASEAN creouse o 8 de agosto de 1967, cando os ministros de asuntos exteriores de cinco países -Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur e Tailandia- asinaron a Declaración da ASEAN.[15] Tal e como se recolle na declaración, os obxectivos e propósitos da ASEAN son acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural da rexión, promover a paz rexional, a colaboración e a asistencia mutua en asuntos de interese común, prestarse asistencia mutua en forma de servizos de formación e investigación, colaborar para unha mellor utilización da agricultura e a industria co fin de elevar o nivel de vida da poboación, promover os «Estudos sobre o Sueste Asiático» e manter unha cooperación estreita e beneficiosa coas organizacións internacionais existentes con obxectivos e propósitos similares.[16][17]

A creación da ASEAN estivo motivada inicialmente polo o desexo de conter o comunismo,[18][19] que se afianzou en Asia continental tras a segunda guerra mundial, coa formación de gobernos comunistas en Corea, China e Vietnam, acompañada da chamada "emerxencia" comunista na Malaisia británica, e de disturbios nas recentemente descolonizadas Filipinas.

Estes acontecementos tamén alentaron a formación previa da Organización do Tratado do Sueste Asiático (SEATO), liderada polos Estados Unidos, Reino Unido e Australia, con varios socios do sueste asiático en 1954 como unha extensión da política de "contención", que buscaba crear unha versión oriental da OTAN.[20] Con todo, os Estados membros locais do grupo ASEAN lograron unha maior cohesión a mediados da década de 1970, tras un cambio no equilibrio de poder despois da caída de Saigón e o final da guerra de Vietnam en abril de 1975 e o declive da SEATO.

O primeiro cume da ASEAN, celebrada en Balí, Indonesia, en 1976, deu lugar a un acordo sobre varios proxectos industriais e á firma dun Tratado de Amizade e Cooperación, e unha Declaración de Concordia. O final da guerra fría permitiu aos países da ASEAN exercer unha maior independencia política na rexión, e na década de 1990, a ASEAN xurdiu como unha voz líder en comercio rexional e cuestións de seguridade.[21]

O 15 de decembro de 1995 asinouse o Tratado sobre a Zona Libre de Armas Nucleares do Sueste Asiático para converter o sueste asiático nunha zona libre de armas nucleares. O tratado entrou en vigor o 28 de marzo de 1997, tras a súa ratificación por todos os Estados membros menos un. Entrou plenamente en vigor o 21 de xuño de 2001, despois de que Filipinas o ratificase, prohibindo de feito todas as armas nucleares na rexión.[22]

Expansión

[editar | editar a fonte]

O 7 de xaneiro de 1984, Brunei converteuse no sexto membro da ASEAN[23] e o 28 de xullo de 1995, Vietnam uniuse como o sétimo.[24] Laos e Myanmar uníronse dous anos despois, o 23 de xullo de 1997.[25] Camboxa ía incorporarse ao mesmo tempo que Laos e Myanmar, mais unha loita política interna retardou o seu ingreso ata o 30 de abril de 1999 trala estabilización do seu goberno.[25][26]

En 2006, a ASEAN recibiu o status de observador na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas.[27] Como resposta, a organización outorgou o status de "socio de diálogo" á ONU.[28]

O 15 de decembro de 2008, os estados membro reuníronse en Iacarta para lanzar unha carta, asinada en novembro de 2007, para achegarse a "unha comunidade ao estilo da Unión Europea".[29]

Puntos en común

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa gran proximidade xeográfica, os politologos consideran que as nacións do Sueste asiático son unha encrucillada cultural entre a Asia Oriental e a Asia Meridional, situadas en puntos críticos do mar da China Meridional así como do océano Índico, e como resultado recibiron moita influencia das influencias islámica e persa antes das épocas coloniais de Europa.[30][31]

Desde aproximadamente o ano 100 a.C., o arquipélago do Sueste Asiático ocupaba unha posición central na encrucillada das rotas comerciais do océano Índico e do mar da China Meridional, o que estimulou a economía e a afluencia de ideas.[32] Isto incluíu a introdución dos alfasilabarios no sueste Asiático, así como a escrita chinesa en Vietnam. Ademais de varias escrituras indíxenas, diversas escrituras bráhmicas estaban moi estendidas tanto no sueste Asiático continental como no insular. Historicamente, escrituras como a pallava, a kawi (da antiga escritura támil) e a rencong ou a surat ulu utilizáronse para escribir o malaio antigo, ata que foron substituídas polo jawi durante as misións islámicas no arquipélago malaio. [33]

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Tal e como se recolle na Declaración da ASEAN, a finalidade e obxectivos da asociación son:[34][35]

  • Acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural na rexión.
  • Promover a paz rexional e a estabilidade.
  • Promover a colaboración e a axuda mutua en asuntos de interese común.
  • Proporcionarse axuda uns aos outros en forma de facilidades de investigación e formación.
  • Colaborar para un mellor emprego da agricultura e a industria para aumentar o nivel de vida das persoas.
  • Promover estudos do Sueste Asiático.
  • Manter unha cooperación próxima e beneficiosa con organizacións internacionais con finalidades e obxectivos semellantes.[36]

Estados membros

[editar | editar a fonte]
Bandeiras dos membros da ASEAN Iacarta.

Membros fundadores:

Membros adheridos con posterioridade:

País Capital Superficie (en km²) Poboación (2015) Densidade
Brunei Brunei Bandar Seri Begawan 5 765 429 646[37] 74,52 hab/km²
Camboxa Phnom Penh 181 035 15 708 756[38] 86,77 hab/km²
Indonesia Iacarta 1 904 569 255 993 674[39] 134,41 hab/km²
Laos Vientiane 236 800 6 911 544[40] 29,18 hab/km²
Malaisia Malaisia Kuala Lumpur 329 847 30 513 848[41] 92,50 hab/km²
Myanmar Naypyidaw 676 578 56 320 206[42] 83,24 hab/km²
Filipinas Manila 300 000 100 998 376[43] 336,66 hab/km²
Singapur Singapur Singapur 707,1 5 674 472[44] 8 024,99 hab/km²
Tailandia Tailandia Bangkok 513 115 67 976 405[45] 132,47 hab/km²
Vietnam Hanoi 331 690 94 348 835[46] 284,44 hab/km²
Referencias
  1. "How do you say ASEAN?". Voice of America Pronunciation Guide. VOA. Arquivado dende o orixinal o 2020-07-26. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  2. "NLS/BPH: Other Writings, The ABC Book, A Pronunciation Guide". 8 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 2009-01-12. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  3. Asean.org Arquivado 02 de marzo de 2012 en Wayback Machine., ASEAN-10: Meeting the Challenges, by Termsak Chalermpalanupap, Asean.org Arquivado 11 de maio de 2011 en Wayback Machine., ASEAN Secretariat official website. Retrieved 27 June 2008.
  4. "ANSA - Asociación de Naciones del Sudeste Asiático 2018". datosmacro.com (en castelán). Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  5. La Asociación de Naciones del Sudeste Asiático crea una zona bancaria libre
  6. "Customs Union could start official trade cooperation with ASEAN - EEC (Unión aduanera podría comenzar cooperación comercial oficial con la ASEAN - Comisión Económica Euroasiática)" (en inglés). Interfax. 1 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  7. "ASEAN may have 10 nations but it should only have one visa". Foro Económico Mundial. Arquivado dende org/agenda/2016/06/asean-one-visa-travel-destination/ o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 25 de xuño de 2019. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  8. org/web/20200424002421/https://www.theaustralian.com.au/business/opinion/asean-bloc-must-be-tapped/news-story/59d00e4f65a6084f4be157ee95da3534 "El bloque de la ASEAN debe ser aprovechado" |archive-url= incorrecto (Axuda). www.theaustralian.com.au. Arquivado dende theaustralian.com.au/business/opinion/asean-bloc-must-be-tapped/news-story/59d00e4f65a6084f4be157ee95da3534 o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 24 de abril de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  9. "Asociación de Naciones del Sudeste Asiático (ASEAN), Tratados y regímenes, NTI". www.nti.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  10. "Asociación ASEAN-ONU". Mecanismo de Coordinación Regional de Asia-Pacífico. 20 de decembro de 2016. Arquivado dende org/asean-un-partnership o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 12 de outubro de 2018. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  11. "Una visión general de la cooperación entre la ASEAN y las Naciones Unidas - ASEAN - UNA VISIÓN UNA IDENTIDAD UNA COMUNIDAD". Arquivado dende static_post=background-overview-united-nations o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  12. "Organizaciones intergubernamentales". www.un.org. Arquivado dende un.org/es/sections/member-states/intergovernmental-organizations/index.html o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 23 de maio de 2017. Consultado o 18 de decembro do 2023. 
  13. Tarling, Nicholas (1999). The Cambridge History of Southeast Asia: Volume 2, Part 2, From World War II to the Present (en inglés). Cambridge University Press. p. 287. ISBN 978-0-521-66372-4. Consultado o 19 de decembro do 2023. 
  14. Ooi, Keat Gin (2004). Southeast Asia: A Historical Encyclopedia, from Angkor Wat to East Timor (en inglés). ABC-CLIO. p. 186. ISBN 978-1-57607-770-2. Consultado o 19 de decembro do 2023. 
  15. Liow, Joseph; Leifer, Michael (20 November 2014). Dictionary of the Modern Politics of Southeast Asia (en inglés). Routledge. pp. 82–85. ISBN 978-1-317-62233-8. Consultado o 19 de decembro do 2023. 
  16. "The Asean Declaration (Bangkok Declaration) Bangkok, 8 August 1967". ASEAN. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de decembro do 2023. 
  17. "Overview". asean.org. ASEAN. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de decembro do 2023. 
  18. "What Is ASEAN?". Council on Foreign Relations (en inglés). Consultado o 2023-05-22. 
  19. "Historical Overview of ASEAN" (PDF). 
  20. Bernard Eccleston; Michael Dawson; Deborah J. McNamara (1998). The Asia-Pacific Profile. Routledge (UK). ISBN 978-0-415-17279-0. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 19 de decembro do 2023. 
  21. Moon, C. (2014). ASEAN. Encyclopædia Britannica
  22. Bangkok Treaty (in alphabetical order) At UNODA United Nations. Consultado o 19 de decembro do 2023. Arquivado 2011-07-28 en Wayback Machine.
  23. "Background Note:Brunei Darussalam/Profile:/Foreign Relations". US State Department. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2007. 
  24. "Vietnam in ASEAN : Toward Cooperation for Mutual Benefits". ASEAN Secretariat. 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2009. 
  25. 25,0 25,1 Carolyn L. Gates; Mya Than (2001). ASEAN Enlargement: impacts and implications. Institute of Southeast Asian Studies. ISBN 978-981-230-081-2. 
  26. "Statement by the Secretary-General of ASEAN Welcoming the Kingdom of Cambodia as the Tenth Member State of ASEAN: 30 April 1999, ASEAN Secretariat". ASEAN Secretariat. 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2009. 
  27. RP resolution for observer status in UN assembly OK'd, Philippine Daily Inquirer, 13 de marzo de 2007. Arquivado 26 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
  28. "Philippines to Represent ASEAN in UN Meetings in NY, Geneva". Yahoo! News. 7 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 13 de marzo de 2007. 
  29. "'Momentous' day for ASEAN as charter comes into force". Agence France-Presse. 15 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2008. 
  30. Reid, Anthony (2015-03-03). A History of Southeast Asia: Critical Crossroads (en inglés). John Wiley & Sons. p. 13. ISBN 978-1-118-51293-7. Consultado o 23 de decembro do 2023. 
  31. Muhammad Ismail Marcinkowski. "Persian Religious and Cultural Influences in Siam/Thailand and Maritime Southeast Asia in Historical Perspective: A Plea for a Concerted Interdisciplinary Approach" (PDF). Thesiamsociety.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2020. Consultado o 23 de decembro do 2023. 
  32. Reid, Anthony (febreiro de 1990). "An 'Age of Commerce' in Southeast Asian History". Modern Asian Studies (en inglés) 24 (1). pp. 1–30. ISSN 1469-8099. doi:10.1017/S0026749X00001153. 
  33. Fadeli, Muhammad Al-Amin Mohd; et al. (2019). Malay History & Culture – vía Academia. 
  34. ASEAN (ed.). "The Asean Declaration (Bangkok Declaration) Bangkok, 8 August 1967". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  35. "Overview". asean.org. ASEAN. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 
  36. ASEAN (ed.). "Overview". Consultado o 4 de abril de 2016. 
  37. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  38. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  39. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  40. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  41. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  42. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  43. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2015. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  44. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  45. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2020. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  46. CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2020. Consultado o 4 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]