A Mancha
Aparencia
A Mancha[1] (en castelán: La Mancha) é unha rexión natural e histórica do centro de España, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, que ocupa boa parte das provincias de Albacete, Cidade Real, Cuenca e Toledo.
Ten unha extensión de máis de 30 000 km²,[2][3][4] aproximadamente 300 km de leste a oeste e 180 de norte a sur,[5] constituíndo unha das altiplanicies e rexións naturais máis extensas da Península Ibérica. Representa o extremo sur-oriental da Meseta Central, concretamente da Submeseta Sur.
As súas extensas e áridas chairas son coñecidas mundialmente grazas á novela de Miguel de Cervantes, Don Quixote da Mancha, a maior parte de cuxas aventuras e accións transcorren na xeografía desta rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manchego.
- ↑ http://digital.csic.es/handle/10261/5848
- ↑ http://books.google.es/books?id=UhIC2EHDUPUC&printsec=frontcover#PPA165,M1
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2009.
- ↑ Biblioteca Premium Microsoft Encarta. A Enciclopedia Espasa da unha cifra moi parecida: 295 km de leste a oeste, 184 de norte a sur.