Axuda:Como mellorar a ortografía
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Algunhas das ferramentas citadas nesta páxina poden resultar de utilidade non só na Galipedia, senón tamén á hora de facer calquera edición dixital en galego. |
Wikipedia é unha enciclopedia, e como tal, o estándar de edición debe de ser rigoroso. Esta guía trata de axudar coa ortografía e puntuación a aqueles usuarios que precisan de mellorala. Detállanse, para iso, diferentes ferramentas e sitios de consulta na Internet. Mediante a corrección explícita de cada un dos erros que cometes, chegarás a evitalos cun pouco de práctica. Estas ferramentas (denominadas correctores ortográficos) e os sitios suxeridos representan unha axuda, mais non son quen de recoñecer todos os erros dun texto.
Mellorando a túa ortografía non só ti saes gañando, tamén gaña a Galipedia.
Ferramentas
[editar | editar a fonte]Incluídas nas preferencias de usuario
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Wikipedia:Revisor ortográfico.
O revisor ortográfico da Galipedia é unha ferramenta que amosa palabras con erros en fondo vermello cando un artigo é cargado. Ao pasar o punteiro do rato por riba do texto en vermello, a ferramenta suxire a palabra correcta.
Se se accede ao sistema como usuario rexistrado, en Preferencias (a ligazón atópase enriba á dereita) atópase, dentro da solapa «Trebellos» e na sección «Navegación» o texto «Ortografía: Activar o revisor ortográfico». Para facer uso da ferramenta abonda con marcar a cela xunto ao texto . A listaxe de palabras detectadas como erros atópase aquí e pode ampliala calquera usuario autoconfirmado.
En resumo: Pode axudarse do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. |
Incluídas no navegador web
[editar | editar a fonte]Mozilla Firefox é o único navegador web para Microsoft Windows que ten dispoñibilidade de ferramentas de corrección ortográfica, xa sexa incorporadas no navegador ou instalables como complementos adicionais. Para Linux hai uns cantos navegadores, entre eles o mesmo Firefox que para Windows. As máis delas traballan mediante o funcionamento clásico de suliñar cunha liña ondulada en cor vermella as palabras que se consideran incorrectas. Estas ferramentas pódense configurar doadamente facendo clic secundario co rato enriba das palabras que escribas ao momento de editares. Busca na listaxe do teu navegador web (Mozilla Firefox, por exemplo) e segue as instrucións para configuralo.
- Mozilla Firefox, navegador de calidade e de balde, dispón dun corrector ortográfico interno para o que se poden descargar, tamén de balde, complementos de "dicionarios" en varias linguas, entre elas o Corrector de Galego feito polo Proxecto Trasno, baseado na normativa da RAG do ano 2003.
- Firefox ten límite de erros no corrector ortográfico. Isto provoca que non se poida corrixir calquera artigo medianamente longo. Pero este límite pódese ampliar accedendo á páxina about:config e na cadea extensions.spellcheck.inline.max-misspellings cambiar o número
500
por un máis alto.
- Internet Explorer non dispón de corrector ortográfico en galego.
- Igualmente en Opera, Google Chrome... hai dispoñibles complementos para varias linguas, mais non para o galego.
Editores de texto externos
[editar | editar a fonte]Tamén podes facer comprobacións ortográficas empregando a túa suite ofimática ou procesador de textos preferido e despois incorporar o texto revisado á Galipedia. Algúns deles son:
- Os editores de código aberto LibreOffice Writer e Apache OpenOffice Writer dispoñen de corrector ortográfico, que é o mesmo que o do Firefox.
- O procesador de textos Microsoft Word (ferramenta comercial de Microsoft), da suite Microsoft Office, ten un corrector ortográfico e de puntuación incorporado (actívase premendo a tecla F7. Tamén recoñece algúns erros gramaticais (p.ex. a orde dos elementos nunha frase). As últimas versións deste programa inclúen amais un corrector de ortografía "contextual" para corrección de frases con palabras homónimas e parónimas.
Ferramentas en liña
[editar | editar a fonte]Páxinas web con correctores ortográficos online:
- OrtoGal Corrector ortográfico en liña de galego, do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Técnicas de edición
[editar | editar a fonte]Aínda coñecendo ben as normas ortográficas, poden producirse erros de escritura cando se escribe apresuradamente: letras omitidas, uso accidental dunha tecla contigua á pretendida, uso incorrecto das combinacións de teclas (como ao escribir letras acentuadas ou maiúsculas) etc. Procura tomar o teu tempo e, de ser posible, revisa o que acabas de escribir antes de gravar a páxina. Non é imprescindible mostrar a vista previa; unha simple relectura do texto no cadro de edición podería ser dabondo para detectar eses erros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (23ª edición, marzo de 2012).