[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Curlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCurlandia
Kurzeme (lv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°N 22°L / 57, 22
EstadoLetonia Editar o valor en Wikidata

Páxina webkurzemesregions.lv Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6117719
Entrada ao pazo de Rundale, sede dos duques soberanos de Curlandia.

Curlandia (en letón, Kurzeme; en ruso, Курземе; en alemán, Kurland), rexión que constitúe na actualidade a maior parte do oeste de Letonia.

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

Situada no golfo de Riga, á beira do mar Báltico, ocupa 26.000 km² aproximadamente.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Poboada orixinariamente por curos (ou kurs) e livonios, na actualidade letóns e lituanos son os principais grupos de poboación. A súa capital histórica foi Mitau (a actual Jelgava).

Brasón de Curlandia.

En 1048 os dinamarqueses erixiron na zona unha igrexa cristiá, e en 1158 asentáronse comerciantes xermanos. A principios do século XIII o territorio foi tomado por membros da orde militar e relixiosa dos Cabaleiros de Lituania (máis tarde os Cabaleiros da Orde Teutónica).

En 1234 fundouse un bispado que pronto foi incorporado a Lituania, o estado dos Cabaleiros Teutónicos. En 1561, cando a Reforma protestante houbo gando adeptos e tras a derrota dos Cabaleiros Teutónicos polas tropas do tsar Iván IV o Terrible de Rusia (un suceso que levou á disolución da orde), Curlandia converteuse nun ducado baixo control de Polonia.

Ducado de Curlandia, 1740.

A rexión caeu baixo influencia rusa a principios do século XVIII cando Ana Ivanovna, tsarina de Rusia entre 1730 e 1740, casou co duque de Curlandia.

Máis tarde, en 1795, tras a terceira partición de Polonia, converteuse en provincia rusa. En 1919 pasou a formar parte do estado independente de Letonia, que entre 1940 e 1991 pertenceu á Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).

Nova Curlandia

[editar | editar a fonte]

Curlandia foi o estado máis pequeno e afastado de América que mantivo posesións coloniais neste continente, principalmente na illa de Tobago, entre 1642 e 1689. A colonia, coñecida como Nova Curlandia, foi abandonada finalmente debido aos problemas vividos na Metrópole, polo que desde entón o seu dominio considerouse ligado ao da veciña illa de Trindade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]