[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cuítiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCuítiva
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°34′48″N 72°57′57″O / 5.58, -72.9658
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia de Sugamuxi Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie43 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.895 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorJuan de Sanct Martín Editar o valor en Wikidata
Creación1550 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

Páxina webcuitiva-boyaca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Cuítiva é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. É unha das tres poboacións que se atopan bordeando a lagoa de Tota. Está situada a uns 85 quilómetros ó leste da cidade de Tunja. O concello limita polo norte con Iza, polo oriente con Sogamoso, polo occidente con Aquitania e polo sur co concello de Tota.

A capela doutrineira do concello, construída no século XVII é un Monumento Histórico Nacional.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello conta con once vereas, o centro urbano e dous territorios insulares no lago de Tota. As augas territoriais do concello son limitadas ó sur co concello de Tota e ó leste co concello de Aquitania.

Economía

[editar | editar a fonte]
Verea Buireros e Los Llanos de Alarcón.

Os principais factores de ingreso económico de Cuítiva son a agricultura e a gandaría. Debido á súa localización á beira da lagoa de Tota, o turismo tamén é un sector importante da economía do concello.

  1. Inventario de monumentos nacionales, Ministerio de Cultura, 21 de decembro de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]