[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Criptografía musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O motivo BACH.

A criptografía, no ámbito da música, é un método de composición mediante o cal se pretende incorporar determinadas mensaxes ocultas que quedan reflectidas na partitura. O compositor aproveita o coñecemento das calidades e características da notación musical para incluír a mensaxe que desexe.

O método criptográfico máis estendido foi o de esconder mensaxes extramusicais a través dos nomes das notas. Na notación anglosaxoa e na alemá, cada nota relaciónase cunha letra do alfabeto; así, a escala la, si, do, re, mi, fa, sol, na notación anglosaxoa é A, B, C, D, E, F, G. A criptografía baséase na combinación destas letras para formar determinadas palabras e mensaxes sobre os que se pode construír unha composición. Este procedemento, que se coñece como cifrado por substitución, resulta bastante sinxelo. Tamén se utilizaron sistemas máis complexos a través dos cales se consegue relacionar cada nota con máis dunha letra, de forma que a mensaxe criptográfico resulta máis difícil de descifrar.

Son numerosos os compositores que utilizaron esta técnica, desde J. S. Bach, como suxeito dalgunhas das súas fugas, até Johannes Brahms ou Robert Schumann, coa suite para piano Carnaval opus 9 (1834-1835), ou compositores do século XX, como Alban Berg ou Olivier Messiaen. Este método tamén se coñece como «cifrado Mata-Hari», xa que a famosa espía utilizouno en máis dunha ocasión.[1][2]

  1. Team CLGT (12 de marzo de 2009). "CodeGate 2009 Report" (PDF) (en inglés). p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2009. Consultado o 2 de xullo de 2009. 
  2. "Imaxe do modelo que utilizou Mata-Hari para descifrar as partituras.". Consultado o 2 de xullo de 2009.