Cristóbal de Acuña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1597 Burgos, España |
Morte | 1670 (72/73 anos) Lima, Perú |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | explorador, misioneiro |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Cristóbal de Acuña, nado en Burgos en 1597 e finado en Lima en 1675, foi un xesuíta español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou na Compañía de Xesús en 1612, e axiña foi enviado de misións a Chile e o Perú, onde se converteu no reitor do centro de formación de Cuenca (na actualidade, en Ecuador). En 1639 acompañou a Pedro Teixeira na súa segunda exploración do río Amazonas para levar a cabo observacións científicas, e facer un informe para o goberno do reino de España. A exploración levoulles dez meses, e ao chegaren ao Perú, Acuña preparou o seu informe, mentre esperaba a partida dun buque cara a Europa. O rei de España, Filipe IV, recibiu friamente o autor, e mesmo se di[Cómpre referencia] que estaba disposto a censurar o libro, temendo que os portugueses, que se independizaran de España en 1640, se aproveitasen da información.
Logo de ser procurador dos xesuítas en Roma e censor ("cualificador") da Inquisición española en Madrid, Acuña volveu a Suramérica, onde finou, seguramente pouco despois de 1675.
A obra Nuevo Descubrimiento del Gran Río de las Amazonas foi publicada en Madrid en 1641. Foi traducida ao francés en 1682, e a partir desta versión verqueuse ao inglés en 1698.
Acuña foi o primeiro europeo en describir o canal Casiquiare (un canal natural que une o Amazonas co Orinoco) en 1639.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ACUNA, Christoval de: "Nuevo descubrimiento del gran río de las Amazonas". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2010., 1641 (en castelán).
- "Cristobal de Acuna", artigo en www.virtualology.com (en inglés).