[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cruz Negra Anarquista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cruz Negra Anarquista (CNA) é unha organización a nivel mundial de grupos autónomos que promove a liberdade dos presos políticos, anarquistas e non anarquistas. Esta organización humanitaria internacional, ademais, proponse a abolición dos sistemas penitenciarios apoiando diversas alternativas aos cárceres, como un sistema de indemnizacións e compensacións materiais ou traballos comunitarios, sempre que haxa crime con vítima ou afectado particular (se non, non consideran que haxa delito). Dende o comezo da súa historia ata a actualidade logo do seu rexurdimento, a Cruz Negra ten sido e é obxecto de persecucións por parte das autoridades tanto en réximes demoliberais como en estados socialistas.[1]

Símbolo da Cruz Negra Anarquista

As orixes da organización datan da Revolución Rusa. Creouse unha institución á que se chamou Cruz Vermella Anarquista para organizar a axuda aos prisioneiros políticos e ás súas familias do réxime tsarista. Foi durante a guerra civil rusa, cando se lle deu o nome á organización de Cruz Negra Anarquista para evitar confusións coa Cruz Vermella que tamén estaba a actuar no país.

Trala chegada ao poder dos bolxeviques en Rusia, a Cruz Negra Anarquista trasládase a Berlín onde continúa a axudar a prisioneiros políticos do réxime bolxevique, así como aos disidentes italianos ao réxime de Benito Mussolini. Co aumento de solicitudes de axuda, a organización vense abaixo na década de 1940 ao ter dificultades de financiamento.

A finais da década de 1960 a organización rexorde en Gran Bretaña por iniciativa de Stuart Christie e Albert Meltzer e dedícase a axudar á resistencia española antifranquista e aos presos políticos anarquistas do réxime de Francisco Franco.

Na década de 1980 a organización expandiuse, tendo na actualidade diferentes grupos en varias rexións do mundo, cunha importancia considerábel en campañas nos Estados Unidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]