Claude Saumaise
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Claude de Saumaise 15 de abril de 1588 Semur-en-Auxois, Francia |
Morte | 3 de setembro de 1653 (65 anos) Spa, Bélxica (en) |
Relixión | Hugonotes e Calvinismo |
Educación | Universidade de Heidelberg - dereito |
Actividade | |
Lugar de traballo | Leiden (1651–1653) Estocolmo (1650–1651) Leiden (1632–1650) Grigny (1623–1632) Dijon (1609–1623) |
Ocupación | Lector (1632–1653), orientalista, filólogo, humanista, profesor universitario, catedrático, erudito clásico, filólogo clásico, teólogo |
Empregador | Universidade de Leiden |
Movemento | Humanismo |
Alumnos | Isaac Vossius |
Familia | |
Cónxuxe | Anne Mercier (1623–) |
Pai | Benigne Saumaise |
Parentes | Charlotte Saumaise de Chazan, sobriña |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Claude Saumaise, tamén Claudius Salmasius na forma latina, nado en Semur-en-Auxois en 1588 e finado en 1653, foi un coñecido sabio, humanista e filólogo francés chamado o Príncipe dos Comentadores.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro mestre foi o seu pai Benigno, maxistrado e sabio distinguido e contou tamén coa amizade de Isaac Casaubon e Gruter, emprendendo con ánimo resolto o estudo da maior parte das ciencias da súa época (medicina, xurisprudencia, teoloxía, historia).
Claude de Saumaise aprendeu de forma autodidacta as seguintes linguas: persa, caldeo, árabe e o copto e posteriormente abrazou a relixión reformada, estableceuse en Holanda e permaneceu moito tempo en Leiden.
Este sabio adquiriu pronto unha reputación universal e os reis disputáronse o honor de telo nas súas cortes:
- O Cardeal Richelieu e Mazarino procuraron, en van, levalo a Francia.
- A raíña Cristina de Suecia que fose a Suecia.
- Carlos II de Inglaterra encargoulle que redactase unha apoloxía do seu pai Carlos I, apoloxía que lle valeu unha viva polémica con John Milton.
Deixou 60 manuscritos e moitas obras impresas e as súas principais obras son as edicións de Floro (1609), de L. Ampelius, da Historia Augusta, de Tertuliano, de Palio, de Aquiles Tacio (1640) e de Solino coas Exercitationes plinianae (1529).
Claude a parte da súa gran reputación, foi extraordinariamente enxalzado durante a súa vida e nunha ausencia un pouco longa da cidade holandesa de Leiden, os seus habitantes escribíronlle unha carta en que lle rogaban que regresase a Leiden, con estas palabras: «Así como o mundo non podería carecer do Sol, a Academia de Leiden non pode pasar sen Saumaise».
Obras
[editar | editar a fonte]- Autor con outros escritores de Anthologia Graeca cum versione latina.., Ultrajecti, 1795-1822, 5 volumes.
- Claude Saumaise & André Rivet:...., Amsterdam: APA-Holland University Press, 1987.
- Virorum aliquot eruditorum..., Amstelaedami: Geradum de Groot, 1752.
- Historiae augustae scriptores..., París: 1620.
- Cl. Salmasii de re militari romanorum liber:.., Leiden, J.Elseverium, 1657.
- Claudii Salmasii de Hellenistica commentarius:..., Leiden: Ex Officina Elseviriorum, 1643.
- Xunto a outros autores Museum philologicum et historicum..., Lugduni Batavorum: sumptibus Abrahami vander Mijn, 1699-700, 2 volumes.
- Cl. Salmasii Librorum de primatu Papae pars prima:...., Lugduni Batavorum, 1645.
-
Dissertatio de foenore trapezitico, 1640
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario universal de historia y geografía, 1846-50, Madrid: F. de Paula Mellado, 8 tomos.
- Bibliografía complementaria
- Ampelius, Lucius. Memoriale, Venezia: G. Antonelli, 1841.
- Leroy, P. Le dernier vogaye a Paris et en Bourgogne, 1640-1643, du reforme Claude Saumaise: libre erudition et contrainte politique sous Richelieu, Amsterdam: APA-Holland University Press, 1983.
- Orbis doctus, 1500-1850:..., Amsterdam & Utrecht: APA-Holland University, 2005.