Claribel Alegría
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Clara Isabel Alegría Vides 12 de maio de 1924 Estelí, Nicaragua (pt) |
Morte | 25 de xaneiro de 2018 (93 anos) Managua, Nicaragua |
Educación | Universidade George Washington |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e ensaio |
Ocupación | poetisa, novelista, ensaísta, escritora de literatura infantil, tradutora, escritora, lingüista, xornalista, prosista |
Profesores | Juan Ramón Jiménez |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Darwin J. Flakoll (–1995) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Latin American Women Writers: an Encyclopedia (en) |
Sitio web | claribelalegria.com |
Clara Isabel Alegría Vides, nada en Estelí o 12 de maio de 1924 e finada en Managua o 25 de xaneiro de 2018, foi unha escritora, poeta, narradora, ensaísta e tradutora nicaraguana-salvadoreña.[1]
Traduciu ao castelán a poesía de Robert Graves e doutros autores anglosaxóns, por exemplo a antoloxía de poesía estadounidense Nuevas voces de Norteamérica (1983), importante selección das escolas poéticas do cuarto pechado (Mark Strand, por exemplo), poesía feminista (Susan Griffin, por caso) e poesía chicana. Inversamente, con axuda do seu marido Darwin J. Flakoll, presentou nunha pioneira antoloxía a prosa do "boom" latinoamericano nos Estados Unidos (New Voices of Hispanic America, 1962).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai foi Daniel Alegría, médico nicaraguano, e a súa nai, Ana María Vides, salvadoreña. Claribel considerábase a si mesma salvadoreña, xa que pasou a súa infancia na cidade de Santa Ana ao occidente do Salvador. Á idade de oito anos, Alegría presenciou o masacre de máis de trinta mil campesiños e indíxenas no Salvador. En Santa Ana estudou a educación nos niveis de primaria e secundaria.
En 1943 mudouse aos Estados Unidos e en 1948 graduouse en Filosofía e Letras na Universidade George Washington[2] en Washington, D.C. Entre 1944 e 1947 tivo como mentor a Juan Ramón Jiménez.
Nos Estados Unidos casou co escritor e diplomático estadounidense Darwin J. Flakoll, con quen tivo catro fillos. Viviron en distintos países de América e Europa. En 1985 Claribel regresou a Nicaragua para axudar durante e despois da guerra de agresión imposta polos Estados Unidos á Revolución Sandinista.
Durante o seu desempeño como cónsul de Nicaragua nos Estados Unidos foi declarada funcionaria non grata polo goberno de Ronald Reagan en represalia cara ao goberno nicaraguano por expulsar a un funcionario da súa embaixada en Managua.
Obra
[editar | editar a fonte]A súa literatura Enfócase á realidade do seu tempo e en compromiso social coa situación política. A súa poesía busca a democracia e a denuncia da opresión. Tamén realiza unha investigación formal no que se catalogou como un novo surrealismo de intencionada linguaxe da rúa, desgarrada, vehemente e até antiliterario.[3]
As tendencias ideolóxicas e literarias de Claribel son o reflexo da corrente literaria que se impulsou en Centroamérica nos anos de 1950-1960 coñecida como a "Xeración comprometida".[4] Os seus escritos abordan asuntos como o amor, a morte ou o anhelo e a esperanza vital.[5]
Entre as súas obras hai varias novelas históricas, como Somoza, expediente cerrado (1993) que fala da vida do ditador nicaraguano Anastasio Somoza Debayle. Este libro e outros foron escritos en colaboración co seu esposo Flakoll.
- Anillo de silencio (poesía, 1948)
- Suite (poesía, 1951)
- Vigilias (poesía, 1953)
- Acuario (poesía, 1955)
- Tres cuentos (contos infantís, 1958)
- Huésped de mi tiempo (poesía, 1961)
- Vía única (poesía, 1965)
- Aprendizaje (poesía, 1970)
- Pagaré a cobrar (poesía, 1977)
- El detén (novela curta, 1977)
- Sobrevivo (poesía, 1978)
- Tres poemas (caderno, 1978)
- Suma y sigue (antoloxía poética, 1981)
- Álbum familiar (novela curta, 1982)
- Flowers from the Volcano (antoloxía poética traducida por Carolyn Forché, 1982)
- Poesía viva (antoloxía poética, 1983)
- Petit Pays (antoloxía poética, 1983)
- Pueblo de Dios y de Mandinga (novela curta, 1985)
- Despierta mi bien, despierta (novela curta, 1986)
- They Won't Take Me Alive (testemuña, 1987)
- Luisa en el país de la realidad (novela, 1987)
- 'La mujer del río Sumpul (poesía, 1987)
- Y este poema-rio (poesía, 1989)
- Family Album (tres novelas curtas, 1990)
- Fugues (poesía, 1993) Curbstone Press, USA.
- 'Variaciones en clave de Mí (poesía)
- Luisa en el país de la realidad (novela, 1994)
- El niño que buscaba a ayer (conto infantil)
- Umbrales\Thresholds (poesía, 1996)
- Umbrales (poesía)
- Clave de Mí (antoloxía poética)
- Saudade (poesía)
- Una vida en poemas (antoloxía)
- Vía única (poesía, 2004)
- Nicaragua: la Revolución Sandinista
- Esto soy. Antología poética
- Soltando amarras (2005)
- Poemas de amor (2006)
- Mágica tribu (2007)
- Ars poética (antoloxía)
- Pueblo de Dios y de Mandinga (2008)
- Mitos y delitos (poesía)
- Ojo de cuervo (antoloxía poética, 2010)
- Savoir Faire (antoloxía poética)
- Otredad (2011)
- Claribel Alegría en el país de la realidad (2012)
Xunto con D.J. Flakoll
[editar | editar a fonte]- New Voices of Hispanic America (antoloxía do boom latinoamericano, 1962)
- Cenizas de Izalco (novela, 1966)
- La encrucijada salvadoreña (ensaio, 1980)
- Nicaragua: la revolución sandinista (historia-testemuña, 1982)
- Cien poemas de Robert Graves (antoloxía poética, 1982)
- Nuevas voces de Norteamérica (antología poética bilingüe de poesía estadounidense, 1983)
- No me agarran viva (testemuña, 1983)
- Para romper el silencio (testemuña, 1984)
- They Won’t Take Me Alive (1987)
- Ashes of Izalco (novela, 1989)
- On the Front Line (antoloxía de poesía guerrilleira, editado e traducido con D.J. Flakoll, 1990)
- Fuga de Canto Grande, (testemuña, 1992)
- Somoza, expediente cerrado (1993)
- Death of Somoza (testemuña, 1996)
- Tunnel to Canto Grande(testemuña, 1996)
Traducións en colaboración con D.J. Flakoll
[editar | editar a fonte]- The Cyclone (novela de Miguel Ángel Asturias, 1967)
- El hereje (obra teatral en verso de Morris West, 1969)
- Unstill Life (antoloxía de poesía latinoamericana editado por Mario Benedetti, 1969)
- Viva Sandino (ensaio de Carlos Fonseca, 1985)
- Nuestra pequeña región de por aquí: Política de seguridad de los Estados Unidos (ensaio de Noam Chomsky, 1989)
- La sonrisa del jaguar (ensaio de Salman Rushdie, 1989)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece la poeta nicaragüense Claribel Alegría a los 93 años". ISSN 1134-6582.
- ↑ "Educación".
- ↑ "Claribel Alegría".
- ↑ "Tendencia ideológica y literaria". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Temas de sus escritos".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Samaniego, Fabián A., Nelson Rojas, Maricarmen Ohara e Francisco X. Alarcon (2005): El mundo 21 hispano. Boston: Houghton Mifflin Company, 2005.
- Montes Bradley, E. (2001) Cortázar: Apuntes para un documental
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación Claribel Alegría no Salvador Arquivado 26 de outubro de 2018 en Wayback Machine.